Mostrando entradas con la etiqueta NORMAS DA CLASE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NORMAS DA CLASE. Mostrar todas las entradas

1 oct 2016

AS NORMAS DA CLASE


Para facilitar a convivencia na clase, entre todos consensuamos cales eran as actitudes e os comportamentos que se podían ter nela. Apuntámolos na pizarra e despois cada un de nós, escribiu e ilustrou o seu.

Estos son os que dixemos:

NA NOSA CLASE ...

- Falamos en voz baixa:


- Esperamos o noso turno sen interromper aos compañeir@s:


- Levantamos a man para falar:


- Pedimos permiso para ir ao baño:


- Camiñamos despacio pola clase sin molestar a ninguén:


- Mantemos o noso pupitre limpo e ordenado para atopar ben as cousas;


- Respectamos o material tanto o noso como o de clase e o do resto dos compañeir@s:


- Compartimos o material:


- Sentámonos ben nas cadeiras para que non nos doa a espalda:


- E por suposto, axudamos aos nos@s compañeir@s sempre que o precisen:


Agora só nos queda cumprilas.Se tod@s poñemos un pouquiño da nosa parte ...
SEGURO QUE O CONSEGUIREMOS!!!!!!!!



18 sept 2014

ELABORAMOS AS NORMAS DA CLASE

Unha das cousiñas que fixemos os primeiros días, foi elaborar  as normas imprescindibles para o bo funcionamento da clase. Entre todos decidimos cales serían esas normas. Para reforzar a súa asimilación e cumplimento, escribímolas nun trozo de papel , pegámolas nun gran cartel e firmámolas todiños, a profe incluída. Este cartel pendura agora dunha das paredes da nosa clase. Tamén aproveitamos para falar sobre os beneficios de cumplir as normas, tanto para o grupo como para un mesmo e dos perxuizos de non respetalas.
Ollade o noso cartel das normas:


Abaixo podedes ver as nosas normas con máis detalle así como algunhas fotos de como o fixemos:


Outro xeito de facelas, pode ser utilizando algúnha aplicación sinxela para facer infografías como EASEL.LY.


Agora só queda cumprilas :) .

E vós, consensuades entre todos as normas da clase? Tédelas expostas nalgún lugar visible?