2 feb 2017

PABLO PICASSO E A PAZ


Continuando co proxecto de Picasso, e coa semana da Paz, outra das actividades que fixemos foi recrear o Foulard Serigrafiado para o Festival Mundial de estudantes pola Paz en 1951.

No foulard, podemos ver catro caras con diferentes tons de pel que representan as distintas razas e no medio delas, unha pomba da paz cunha ramiña de oliveira na boca, que nos parece que representa os desexos de paz no mundo.

Para facer as pombas,  utilizamos o lapis e un marcador negro, así que para recrear esta imaxe, quixemos utilizar unha técnica distinta, e pensamos en facelo tipo quebracabezas.

Cada rapaz e rapaza, mirando polo cadro orixinal que proxectamos na PDI, tivo que recortar e colocar as pezas do seu puzzle na orde e sentido correcto e despois recortar ou debuxar os detalles como ollos, cellas, ... Para finalizar, con témpera vermella, azul e amarela, fixeron o marco.

Así estaba todo preparado para comezar:


Algunha fotiña do proceso:



E aquí tedes o noso traballo final. A que é unha preciosidade?




8 comentarios:

  1. Es una preciosidad, Ana, ¡qué trabajo tan bonito! Muchas felicidades, a ti, por supuesto, y a los niños y niñas. Un abrazo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Muchísimas gracias, Isabel. Les ha quedado muy colorido. Besos.

      Eliminar
  2. Un trabajo estupendo, Ana. Un saludo

    ResponderEliminar
  3. Muy bien organizado el trabajo y los resultados una obras geniales con la paloma de la paz y con un marco colorido.
    Saludos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Han disfrutado mucho haciéndolo, Mirian. Muy buena semana.

      Eliminar

GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO