12 may. 2015

SEGUNDA CHARLA DO PLAN DIRECTOR : ACOSO ESCOLAR E VIOLENCIA DE XÉNERO


O pasado luns, tivemos a segunda charla do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar. Se a semana pasada, Jesús, o garda civil que veu ao noso centro,falounos dos  riscos de Internet, hoxe tocoulle o turno ao ACOSO ESCOLAR e a VIOLENCIA DE XÉNERO.

Aprendimos que o ACOSO ESCOLAR é calquer tipo de agresión non só física senón tamén verbal e psicolóxica coa intención de facer dano , que é un delito que se atopa contemplado no Código Penal e tamén que é tan culpable o que agrede como o que está de espectador e non fai nada para frear a agresión contándollo a un adulto.


E ademais, que facemos acoso verbal cando insultamos, lle poñemos mote,  humillamos ou inventamos rumores sobre un compañeir@... non só en persoa senón tamén nas redes sociais e no whatsapp. Que este acoso é psicolóxico se o aillamos , non o deixamos xogar, o apartamos,... Iso non quere dicir que cada vez que rifemos ou nos pelexemos esteamos a   facer acoso, xa que se este feito se produce de xeito aillado ou esporádicamente ainda que terá as súas consecuencias negativas non constitúe acoso. Para falar de acoso, estas situacións téñense que manter no tempo. 
E por suposto, o que tamén quedounos moi clariño, é que nunca debemos responder a unha situación de acoso con violencia, unha porque magnificaremos o asunto é non o arreglaremos e outra porque nos poñeriamos ao mesmo nivel que o acosador. O mellor sempre nestes casos é informar aos nosos pais ou a algún adulto de confianza: familiar, mestre,...

Algúns materiais para traballar o acoso escolar:




En canto á VIOLENCIA DE XÉNERO, Jesús contounos que é cando un home maltrata física, verbal ou psicolóxicamente a unha muller coa que mantén ou mantivo unha relación sentimental. É un tema que xa vén de moi antiguo,pois xa dende o principio dos tempos, o papel da muller sempre estivo ligado á casa e ao coidado dos fillos. Afortunadamente na actualidade isto está a cambiar e para acadar este cambio debemos educar aos nenos en nenas, desde edades ben tempranas, á resolución pacífica de conflitos, fomentar a empatía e desenvolver a autoestima, principios que favorecen a desaparición dos perxuicios de xénero que se dan xa desde a escola.

Aquí temos un exemplo de maltrato:


E xa para rematar, deixámosvos estes libros lim  para traballar a COEDUCACIÓN nas vosas clases:

a) A Historia de los Bonobos con gafas do libro de Adela Turín e Nella Bornia:

https://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/bonobos/bonobos.html

b) Poemitas Divertidos de Carmen Gil:



https://dl.dropbox.com/u/14722558/COEDUCACION/coeducacion.html

c) El trajín de la bruja Pandora, tamén de Carmen Gil:



https://dl.dropbox.com/u/14722558/pandora/pandora.html

2 comentarios:

  1. Qué importante que se traten estos temas!! Me guardo todos los recursos, están buenísimos.
    Muchas gracias Ana, que tengas un lindo día.
    Abrazo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias, Sandra, me alegro que te gusten. Un beso.

      Eliminar

GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO