24 may 2014

III FESTIVAL ARTE POLA IGUALDADE LETRAS GALEGAS 2014


O pasado xoves pola tarde, fomos ao teatro Colón de A Coruña, invitados pola coordinadora de Equipas de Normalización e Dinamización Lingüïstica a ver a representación teatral: "O MEU REINO NON É DESTE MUNDO (Farsa de Bulubú) " de Manuel María, interpretada por alumnos del Centro de Educación Especial María Mariño coa colaboración do Conservatorio Profesional de Música que nos deleitou con cinco pezas musicais de compositores galegos.

Con esta obra, ademais de lembrar ao poeta Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas, preténdese tamén , según explica o secretario xeral de Política Lingüísitica "dar a coñecer o traballo que se desenvolve nos centros de educación especial e demostrar que a discapacidade física e/ou psíquica non é un impedimento para desenvolver o potencial creativo e a sensibilidade artística".

En representación do noso cole, fomos a directora  Mª Carmen , a profesora Mina e eu como coordinadora do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, acompañadas de nove alumnos internos: Marcos, Alfonso, Ramiro, Dani, Leticia, Alejandro, Manu, Joni, Martín. Pasámolo moi ben porque a obra era moi divertida, os actores e actrices facíanno moi ben e a música do Conservatorio gustounos moito.

Da obra en sí non temos ningunha foto porque non estaba permitido facelas para preservar os dereitos de imaxe dos protagonistas. Pero si vos podemos amosar o contentos que estabamos esperando a que dese comezo a obra:


12 comentarios:

  1. pues si que estaban contentos, sí. Es fantástico el trabajo que haces. un buen finde, guapa y un gran abrazo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Esta vez el trabajo no era nuestro, Blanca, ji ji Los niños y niñas del centro de educación especial María Mariño lo hicieron fenomenal al igual que los músicos del conservatorio. Un abrazo y a disfrutar del domingo.

      Eliminar
  2. Seguro que los actores lo hicieron fenomenal y que vosotros lo hayáis disfrutado un montón.
    El trabajo realizado en los Centros de Educación Especial merece su debido reconocimiento ya que es un gran trabajo.
    Besos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Nos lo pasamos muy bien, Isabel. La obra fue muy divertida y los actores lo hicieron genial. Un gran abrazo.

      Eliminar
  3. Seguro que foi unha gran tarde;vese nas caras.Este tipo de iniciativas deberían proliferar máis.
    Un biquiño.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estou completamente de acordo contigo, Anabel. Si que o pasamos moi ben. Unha aperta.

      Eliminar
  4. Se les nota satisfechos y eso es muy importante.
    Un besico

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Claro que sí, Blanca, lo importante es que disfruten de las actividades y del buen hacer de otros niños como ellos. Un beso.

      Eliminar
  5. Encántame velos así de contentos. Seguro que acabades o día ben cansadas pero vale a pena!
    Moitos bicos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Só de ver canto disfrutaron coa obra, valeu a pena facer "horas extras" ji ji Unha aperta.

      Eliminar
  6. ¡Qué bien! Las fotos son testigo fiel de lo bien que la pasaron.
    Besitos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Se los pasaron fenomenal, Sandra. Es genial que tengan lugar iniciativas como ésta. Un besazo.

      Eliminar

GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO