30 oct 2012

QUE É SAMÁIN?

Xa falta pouquísimo  para que chegue o tan esperado Samaín. Pero moitos vos preguntaredes .... QUE É ISO DO SAMAÍN? Saberemos máis desta antiga tradicción galega ...
Primeiro con esta chulísima animación feita polo blog TICs CRA de BERGONDO:



.
E despois con este video que atopei grazas a Patricia do blog,  FALÁNDO ENTÉNDESE A XENTE


Nós ao longo destes días estivemos traballando o Samaín con contos, fichas, xogos,videos,... así como con distintas manualidades como o Jack o´Lantern que xa vos amosamos ou estas botellas que decoramos:
A MOMIA 


O FRANKESTEIN


A CABAZA

A PANTASMA


E NON PODÍA FALTAR A MEIGA


E AQUÍ TEDES TODOS OS QUE FIXEMOS:


GÚSTANVOS?

29 oct 2012

POESÍA DE CRISTOBAL COLÓN

Estes días rematamos o noso miniproxecto sobre a historia de Cristobal Colón e o día da Hispanidade, traballando unha poesía que atopamos na revista MAESTRA DE INFANTIL e utilizando de novo os debuxos de Vladimir Zúñiga.
Primeiro entre todos, escribimos a poesía nun papel e despois de repetila varias veces, casi a aprendimos de memoria.


As carabelas que ilustran a poesía as sacamos de ACTILUDIS. Clicade na imaxe:



Despois a profe gravounos a cada un recitando unha estrofa da poesía. Algúns de nós temos MOITOS PROBLEMAS DE PRONUNCIACIÓN E ARTICULACIÓN por iso custounos moito facelo e as veces non se entende moi ben o que dicimos. Esperamos que non o teñades en conta.
Despois de montala a profe, así de bonita quedou a nosa poesía:



Aquí vola deixamos  sen voz por se alguén máis quere utilizala cos seus alumnos:
E xa para rematar, uns PUZZLES que fixemos sobre a poesía:

preview6 piece preview6 piece preview12 piece preview12 piece

24 oct 2012

MÁIS SAMAÍN OU HALLOWEEN

Ata que chegue o tan esperado día de Samaín, cada día leremos un conto deste libriño:


E xa que estamos metidos de cheo co medo, hoxe fixemos a nosa primeira manualidade de Samaín: Trátase dunha figura de Jack O´Lantern que atopamos na páxina de DLTK



Nós a ampliamos a tamaño A3, e despois a pegamos sobre cartóns superpostos. Quedounos verdaderaimente TERRORÍFICA!
Si queredes a plantilla podedes descargala directamente da páxina de DLTK en cor ou branco e negro, o senón aquí:



E coma non todo vai ser traballar, con esta selección de xogos sobre o Samaín imos pasar un ratiño entretidos:




Ademáis grazas a colaboración da nosa amiga BELÉN JUNQUERA do blogue CASA DE TOLOS (anímovos a visitalo) o noso libro LIM de personaxes de medo tamén ten un apartado en inglés. Moitísimas grazas Belén.



https://dl.dropbox.com/u/14722558/SAMAIN/medo.html

22 oct 2012

ACHÉGASE O SAMÁIN


Como podedes observar, xa quedan moi poucos días para que chegue o tan esperado SAMAÍN ou HALLOWEEN para os ingleses. Así que estes días ademais de seguir traballando sobre o OUTONO e rematando o noso MINIPROXECTO SOBRE CRISTOBAL COLÓN e o DÍA DA HISPANIDADE, tamén adicaremos algo de tempo ao SAMAÍN.
Para iso preparei estas fichiñas nas que además de traballar vocabulario relacionado co SAMAÍN, traballaremos a atención, a memoria, a lóxica-matemática, ...




Déixoas tamén en castelán por se a alguén lle ven ben utilizalas:


Ademais traballaremos vocabulario relacionado cos personaxes de medo con este novo libro lim que preparei con imaxes de PHILIP MARTIN :


https://dl.dropbox.com/u/14722558/SAMAIN/medo.html

17 oct 2012

AS FOLLAS EN OUTONO


Sabedes por que as follas cambian de cor e caen durante o outono? 

Cando chega o frío, as árbores deixan de producir clorofila que é unha substancia que lles da a cor verde ás follas. Non poden tomar tanta auga do chan e para non secarse teñen que desprenderse das follas formando como unha película entre o talo e a folla que non deixa pasar a auga, por iso a folla se seca e o vento a desprende.

E que pensarán as follas de todo isto? 

No álbum Picassa de G. Conte, atopei o conto LA FULLA TAFANERA que traducín ao galego como A FOLLIÑA VIAXEIRA. Cóntanos a historia dunha folliña que quería marchar lonxe a coñecer novos lugares. Queredes lelo?



E por si vos preguntades que fixemos coas follas que collimos na nosa saída do outro día, aquí vos amosamos algo do noso traballo:






E así o fixemos:

16 oct 2012

CRISTOBAL COLÓN NA PDI

Como o  prometido é débeda, continuando co noso miniproxecto sobre a figura de CRISTOBAL COLÓN e o día da Hispanidade, hoxe fomos a aula de informática. Unha vez alí, primeiro vimos na PDI este video que atopamos grazas ao blog LA CLASE ENCANTADA, onde se explica dun xeito moi sinxelo o que ocorre cada 12 de Outubro:



e despois fixemos as actividades do libro LIM. Pasámolo moi ben e aprendimos moito. Clica na imaxe:

11 oct 2012

DÍA DA HISPANIDADE (II)


Ao longo desta semana estivemos a traballar a figura de Cristóbal Colón. Limos o conto: "EL ENCUENTRO ENTRE DOUS MUNDOS" colocando as láminas no encerado


e utilizando a bóla do mundo que temos na clase para que visen e situasen onde estaba España, Italia, América e as Indias.


Estivemos a facer algunha das fichiñas sobre a vida de Colón e como nos gustaron tanto as carabelas decidimos facer unha:



e para rematar a semana, a profe preparounos un libro lim sobre Cristobal Colón con imaxes de Vladimir Zúñiga para que practicásemos na clase. Prometeunos que o próximo día ía  levarnos á PDI a facelo alí. Lembrarémosllo o luns!
Aquí volo deixamos por si alguén rapaz ou rapaza tamén quere utilizalo:



https://dl.dropbox.com/u/14722558/colon/colon.html

FELIZ DÍA DA HISPANIDADE!!!!!!!

8 oct 2012

DÍA DA HISPANIDADE




Conteilles aos meus alumnos e alumnas que o venres non tiñamos clase porque era festivo. Preguntáronme porque era festivo e lles dixen que porque era o Día da Hispanidade. E iso que é? preguntaron de novo. Expliqueilles que o Día da Hispanidade o celebramos todos os anos o 12 de outubro para celebrar que nun día como ese fai moitísimos anos, un marino chamado Cristobal Colón chegou a un novo continente, América, co cal compartimos a nosa lingua , o español, e a nosa cultura. E que por iso, nalgúns países chámase Día da Raza.
Despois desta conversa, estiven a matinar e decidín facer un miniproxecto sobre Cristobal Colón. Así que durante esta semana e parte da próxima traballeremos a figura de Cristobal Colón dun xeito moi sinxelo.
Comezaremos con este pequeno conto que atopei en Internet no álbum Picassa de Marisa Moreno que nos explica de forma sinxela a historia de Colón:



E continuaremos con estas fichiñas que preparei tamén a partires das imaxes atopadas no mesmo álbum Picassa:

Aquí están en castelán por se alguén máis quere utilizalas:

6 oct 2012

MURAL DE OUTONO

Onte rematamos o mural de outono que estivemos a facer estes días atrás. Nel puxemos follas con todas as cores do outono: amarelas, laranxas, marróns, vermellas, verdes,...


Cogumelos...


E non podían faltar animais como...

- un ourizo
- un caracol

- un esquio

-  e catro mouchos (un por cabeza, a idea orixinal a atopamos no facebook da nosa amiga Sandra do blog MI SALA AMARILLA)


E se a todo isto se engadimos unhas letras fermosas que atopamos por Internet ...


ESTE É O RESULTADO FINAL DO NOSO MURAL DE OUTONO. GÚSTAVOS?


Por se queredes ver algunhas fotos de como o fixemos (non podemos poñer de todo o proceso porque algúns días non tiñamos a cámara na clase):

MURAL DE OUTONO on PhotoPeach

3 oct 2012

SAÍDA AO BOSQUE

Despois do recreo, aproveitando que o tempo acompañaba, saímos xunto con outras clases ao bosque que temos ao lado do cole para poder apreciar os cambios que se producen en outono. Vimos que había algunhas árbores que tiñan todas as follas (árbores de folla perenne) e outras que tiñan poucas ou case ningunha (árbores de folla caduca). Aproveitamos a saída para recoller follas de todas as cores (verdes, amarelas, marróns,...) así como distintos froitos como castañas, landras, piñas e setas.


Despois na clase estivemos a clasificar todo o que recollimos. Como xa case era a hora de ir a comer non nos dou tempo a rematar pero aquí vos deixamos unha pequena mostra :


QUE FAREMOS AGORA CON TODO O QUE RECOLLIMOS? XA VOS MANTEREMOS INFORMADOS.

1 oct 2012

FICHAS PARA TRABALLAR O OUTONO


Ao longo destes días traballaremos a unidade didáctica  do Outono e aprenderemos as súas características empregando ademais da observación directa (faremos unha saída ao bosque que hai ao lado do cole para ver as cores do outono e recoller follas) estas fichas:



Déixovolas tamén en castelán por si alguén máis poden resultarlle útiles: