12 dic 2012

RECITANDO A CELSO EMILIO

Arredor duns 30.000 rapaces duns 200 centros educativos de toda Galicia , entre os cales está o noso, participarán este mércores nunha homenaxe a Celso Emilio Ferreiro a través dun recitado colectivo que servirá tamén como acto reivindicativo "en defensa da lingua". Será ás 12 do mediodía, do día 12 de 2012 nunha actividade organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (Cgendl). Uns 30.000 rapaces recitarán á vez o poema 'Deitado fronte ao mar' Será "unha homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que transmite toda a forza e a enerxía da súa palabra" A Cgendl aproveita o centenario do nacemento do poeta para renderlle "unha homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que transmite toda a forza e a enerxía da súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia" ( Extraído de Praza Pública ).

No noso centro, as 12 en punto, todos os rapaces e profes do cole, veremos e escoitaremos o audiovisual que montamos coas nosas voces e imaxes relacionadas atopadas por Internet. A finais do día, incluiremos fotos do evento nesta entrada.

Para coñecer máis a súa vida, vos deixo esta presentación feita por Elvira Roiz Mesías do Instituto Concepción Arenal de Ferrol:
Esta e outras presentacións sobre a vida de Celso Emilio podedes velas do blog O SEGREL DO PENEDO.

E ASÍ O CELEBRAMOS:



Esta é a presentación que fixemos coas voces de todo o colexio e que montou a profe Patricia Galdo con imaxes de Internet:


13 comentarios:

  1. Una actividad impresionante, desde luego. bss.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Muchísimas gracias, Blanca, opino exactamente lo mismo que tú. Pienso que una actividad que es capaz de reunir a más de 200 colegios e institutos de Galicia sí que es impresionante. Un besazo.

      Eliminar
  2. Unha iniciativa estupenda, deberiamos facer moitas así.
    O voso recitado encántame!
    bicos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Completamente de acordo, BElén. O noso recitado foi moi amodiño pero claro hai que ter en conta "a materia prima que temos" e creo que o fixeron sinxelamente fenomenal. Un bico.

      Eliminar
  3. Nós tamén participamos nesta actividade. Gustoume moito a idea do video con todas as voces do cole.
    Bicos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Queriamos buscar o xeito de que participasen o maior número de nenos posibles e é o que se nos ocurreu. Un biquiño.

      Eliminar
  4. Ana, el montaje me parece fantástico, tanto las imágenes como lo que recitáis (aunque algunas cosas escapan a mi nivel de gallego,jejejej)Espero que hayáis tenido un día precioso, un biquiño

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Me alegro que te hay gustado, CAti, aunque seguro que hubo muchas cosas de las que no te enteraste, pero es que el poema era un poco complicadillo con palabras que ni los niños conocían, je,je Un biquiño.

      Eliminar
  5. ¡¡Unha fantástica iniciativa!! Noraboa e biquiños.

    ResponderEliminar
  6. Unha moi boa idea; gústame un montón a vosa presentación. Había tempo que unha proposta non unía a tantos centros ao mesmo tempo. Alégrame ter participado e ver caras amigas unidas.
    Un bico grande e felicidades para todos os que participaron no voso centro.
    Biquiños dende a Biblio Xoan Farias.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitísimas grazas, Chispa, deberíanse face máis iniciativas así, non crs? Unha aperta.

      Eliminar

GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO