Con esta imaxe tan bonita de Pilar do blog "Los lapiceros" damos paso a unhas das estacións máis coloridas do ano: " A PRIMAVERA "
No blog da biblioteca do colexio Dulcinea del Toboso atopei esta moda primaveral que me encantou:
ESTA PRIMAVERA LÉVASE:
- Sombreiros adornados con refráns
- Vestidos con petos de poesías
- Colares de cancións populares
- Pulseiras de adiviñas de animais
- Pinzas de flores no pelo que te axudan a protexer e coidar o bosque
- Ler libros de árbores e animais
- Investigar e facer proxectos.
ANIMÁDEVOS?
E aquí tedes o Libro Lim que preparei o curso pasado sobre a primavera para usar cos rapaces e rapazas e Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria. Espero que vos guste e vos sexa útil.
ENCÁNTAME! LÉVOO PARA O MEU BLOG! ONDE PODO APRENDER A FACER ESTES LIBROS? SAÚDOS?
ResponderEliminarÉ moi sinxelo. Entras en http://www.educalim.com/edilim.htm vas a descargas e descargas o programa no teu ordenador. No mesmo sitio más abaixo hai tamén un montón de titoriais para aprender a facer as páxinas e despois todo é cuestión de práctica.
ResponderEliminarBicos.
O PROGRAMA XA O TEÑO DESCARGADO, AGORA TEREI QUE PERDER UNHAS TARDES PELEÁNDOME CON EL... MOITAS GRAZAS!SAUDOS!
ResponderEliminarNoraboa polo blog, é estupendoooo!!!!! e encantoume o lim de Lois Pereiro. Invítovos a visitar o blog do noso colexio, espero que vos guste
ResponderEliminar