27 ene 2015

EXPOSICIÓN E VISITA AO RÍO BELELLE

Estes días temos a sorte de contar no cole cunha fermosa exposición sobre o Río Belelle que puxo á nosa disposición a asociación Néboa Medio Ambiente. Como eles din na súa páxina, trátase dunha asociación ecoloxista que nace no ano 1996, no seo da entidade cultural Escola de Tempo e Aire Libre Néboa, coa idea de encauzar as inquietudes medio ambientais dalgúns socios posibilitando a súa actuación nesta dirección. Agrupa a xente como biólogos, inxeñeiros, técnicos medio ambientais, mestres, monitores e directores de tempo libre, ...

Ollade que exposición máis bonita:



Pero ademais, o venres pasado estiveron no colexio para facer uns talleres con nenos e nenas de infantil, primeiro ciclo y terceiro de primaria e hoxe viñeron para levarnos a dar unha pequena volta polo río Belelle. Alí poidemos ver en vivo e en directo a flora e fauna do lugar. Falamos das árbores que había á beira do río como Salgueiros, Bidueiros,  Abelairas, Eucaliptos,... e dalgúns arbustos como o loureiro ou o fieito real que está en perigo de extinción. Tamén aprendimos o nome dalgúns paxaros como o martíño peixeiro, o merlo, a lavandeira,... E ademais fixemos algúns estudos sobre o río como o seu PH (5), a temperatura da auga (10.8º), a transparencia, a velocidade da auga (0.51) a porcentaxe de nitratos (entre 1 e 10), ... Todo isto apuntámolo nun caderno de campo que nos deron. Foi unha gran experiencia para todos.


14 comentarios:

  1. Una experiencia que no van a olvidar.
    Un besico

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Fue una salida muy interesante, Blanca. Aprendieron muchísimas cosas. Un biquiño.

      Eliminar
  2. Interesante excursión.Seguro que aprenderon moitas cousas.
    Un bico.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si que aprenderon, Anabel. Seguro que non se lles olvida como poden calcular a velocidade do río con axuda dun cordel e dun corcho de botella por exemplo. Un biquiño.

      Eliminar
  3. Seguro que o pasaron moi ben e aprenderon un montón. Un bico Gelis

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Disfrutaron moito da saída, Gelis. A paisaxe é moi fermosa e o tempo acompañounos. Un bico.

      Eliminar
  4. De buena gana me hubiera apuntado a esa excursión jeje. Otra vez será. Besitos.

    ResponderEliminar
  5. Me imagino que les haya encantado, Ana. Seguro que aprendieron muchísimas cosas y que todo quedó bien anotado en el cuaderno de campo. Un abrazo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Anotaron todo de maravilla, Isabel. Se nota que estaban muy atentos. Un beso.

      Eliminar
  6. Que bonito todo y me alegra que les gustara. Un besazo.

    ResponderEliminar
  7. Unha experiencia fabulosa que han lembrar durante moito tempo. Unha aperta!!!

    ResponderEliminar

GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO