Ao longo de toda a semana estivemos traballando o sentimento da amizade e que mellor xeito de facelo que cun fermoso conto escrito e ilustrado por Guido Van Henetchen e publicado pola editorial Edelvives, que fala da amizade e do traballo colaborativo. Gustounos moitísimo, tanto que fixemos un video e un libro lim sobre el:
- LIBRO LIM CON ACTIVIDADES:
https://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/LUNATRISTE/luatriste.html
E como aos amigos temos que coñecelos moi ben, estivemos a falar das cousas que nos gustaban, isto o reflexamos nunha madalena riquísima que cada un coloreou como quixo (a idea orixinal vímola no blogue
FROG SPOT, e nós adaptámola ao galego):
Isto é o que nós gusta a cada un:
GÚSTAME...
a MÚSICA (Javi), COCIÑAR (Leti), DURMIR (Dani), VER PELÍCULAS (Kevin), OS PELUCHES (Juan),o ORDENADOR (Martín)
GÚSTAME LER...
LIBROS (Javi), REVISTAS (Leti), REVISTAS (Dani), CONTOS (Kevin), CONTOS (Juan), o XORNAL (Martín)
GÚSTAME COMER ...
PURÉ (Javi), TARTA (Leti), FILETE (Dani), HAMBURGUESAS (Kevin), ESPAGUETIS (Juan), PIZZA (Martín)
GÚSTAME XOGAR ...
COA PELOTA (Javi), COA BICI (Leti), AO FÚTBOL (Dani), COA PELOTA (Kevin), COS PINGUÍNS (Juan), COS COCHES (Martín)
GÚSTAME FACER ...
DEBUXOS (Javi), MANUALIDADES (Leti), DEPORTE (Dani), CANTAR (Juan), BAILAR (Kevin), MURAIS (Martín)
GÚSTAME CREAR...
COAS PEZAS (Javi), BUFANDAS (Leti), DEBUXOS (Dani), DEBUXOS (Juan), MAXIA (Kevin), MURAIS (Martín)
E para rematar unha gran mañá, fixemos estas "doces" flores para regalar ao noso mellor amigo ou a aquela persoa á que queremos moito (a plantilla sacámola da páxina de EDUCATION.COM):
Pero non quedou ahí a cousa. Os nosos compañeiros do PCPI de Restauración, obsequíaronnos cunhas boísimas galletas en forma de corazón feitas por eles mesmos así como un marcapáxinas e a receita das galletas. Grazas amigos, gustáronnos moitísimo:
MOI FELIZ DÍA DA AMIZADE PARA TOD@S!!!!!