Como xa vos informamos na derradeira entrada do proxecto das
Maci Olimpiadas, o deporte sobre o que nos tocou investigar foi o
ESGRIMA.
O seguinte paso, foi inventar un lema e unha bandeira para a nosa clase que nos representase, que podía ser tanto sobre o deporte e as olimpiadas en xeral, como na esgrima en particular.
Primeiro tiñamos que elexir un lema. Para iso, trouxemos da casa, un ou máis lemas inventados, que a profe escribiu na pizarra. A continuación cada un de nós, votou os dous que máis lle gustaron e estes foron os resultados da votación:
ENMA: Se che gusta o esgrima, apúntate coa túa prima.
III
ADRIÁN: Asómate ao mundo da espada.
ALBA: Se fas deporte, serás máis forte.
I
YAGO: Fai esgrima e terás un gran desafogo.
PAZ: Para ter autoestima, fai esgrima
.I
As olimpiadas non teñen paradas.
Para ser un campión, fai exercicio a mogollón
.I
Nas olimpiadas todos somos campións.
II
A esgrima é unha rima.
I
AINOA: Ven a facer esgrima, divertiraste moito.
CARMEN: Se che gusta o esgrima, come mandarina.
III
SHEILA: Se queres aprender esgrima, colle a espada e ven connosco.
I
MIGUEL: Non deas grima e fai esgrima.
IIIII
Fixemos unha segunda volta, cos tres lemas que obtiveron máis puntuación que foron os de Enma, Carmen e Miguel. Nesta segunda volta, voltou a gañar o lema de Miguel que foi o que eleximos finalmente:
"NON DEAS GRIMA E FAI ESGRIMA"
Unha vez elexido o lema, quedábanos por inventar a nosa bandeira. Cada un deu a súa opinión sobre como quería que fose. Primeiro se iamos poñer persoas facendo esgrima ou tan só as espadas, que iamos poñer de fondo,... Pouco a pouco a idea da nosa bandeira ía debuxándose cando de repente todo deu a volta. Alguén suxeriu facer a Bob Esponja facendo esgrima e a partir de aí entre todos decidiron que máis ía ter.
Queredes ver o resultado? Pois aquí o tedes. Esta é a nosa bandeira na que non quedou ninguén sen colaborar.
O 24 de outubro, día das Bibliotecas Escolares, o equipo da Biblioteca colgou na entrada do colexio, un mural coa resposta de todos á pregunta: QUE SON PARA TI AS OLIMPIADAS? e coas bandeiras de todas as clases. Quedou unha preciosidade.