A obra baséase nunha historia de cooperación e concienciación medioambiental xa que se trata dun incendio que se produce nun bosque e todos os animaliños teñen que unirse para atallar ese lume.
SINOPSE:
"Nun bosque onde vivían moitos animais algo pasou que fixo ladrar ao can…
Unha lapa chegou con ganas de facer lume e fume. O can chamou á vaca, a vaca ao cervo, o cervo á xabarila, a xabarila á landra, a landra preocupada foi buscar ao moucho que avisou a araña. A araña viu ao ourizo, o sapo alertou á garza que estaba comendo miñocas. A eiruga falou coa bolboreta, voluntariosas chegaron a vacaloura e ao esquío. E así foi como axudándose uns aos outros prepararon un plan para apagar o lume."
Ainda que nos gustou todo, o máis orixinal da obra foi o xeito de elaborar os animaliños e o resto do decorado xa que estaban realizados utilizando obxetos cotiás como envases, medias, guantes, panos de cociña, taburetes, ... todo moi sinxelo e colorido.
PASÁMOLO FENOMENAL !!!!!