No noso libro de lingua castelá, ven unha lectura sobre Don Quixote e Sancho Panza que se titula "Un leal escudero" que é un fragmento do Capítulo X da Primeira Parte do Quixote..
Comezamos léndoa entre todos en voz alta e unha vez que rematamos aproveitamos para falar da SOLIDARIEDADE, do importante que é axudar aos demais sen esperar nada a cambio e pedir axuda cando a necesitemos. Falamos das cousas que podiamos facer nós para ser solidarios como consolar aos nosos amig@s e compañeir@s cando están tristes ou se fan dano, donar os nosos xoguetes de cando eramos máis pequenos e a roupa que xa non nos serve as persoas necesitadas, deixando o asento do autobús ás persoas maiores, axudando nas tarefas de casa,... Tamén de se algunha vez alguén precisou a nosa axuda e de como fixemos para axudar.
A continuación comentamos a lectura. Describimos brevemente a Don Quixote (alto, delgado, loiro) e a Sancho Panza (baixo, gordo e moreno), falamos dos amigos que eran os dous e de que por iso se axudaban en todas as situacións ás que se enfrontaban a pesar de que ás veces os resultados non eran os esperados e tamén de que ainda que tivesen puntos de vista diferentes, isto non constituía un obstáculo para a lealtade mutua e a amizade. Buscamos información sobre outros episodíos do Quixote onde un dos personaxes axudaba ao outro e descubrimos que isto sucedía en case todos.
Aproveitamos a lectura para facer distintas actividades entre elas aprender a RESUMIR. Así que fixemos un pequeno resumo do que acabábamos de ler e o ilustramos cun debuxo alusivo:
De cada actividade realizada, sempre se pode sacar unha ensinanza, un tema a a tratar, un debate.... Bo traballo, chicos/as!!!
ResponderEliminarBiquiños.
Moitísimas grazas, Anabel. Unha aperta.
EliminarUn trabajo estupendo como siempe y encima cargado de valores y ensenanzas...!Oleeee! !Que grandes que sois! :-)
ResponderEliminarGracias, Carmen. Espero que hayan aprendido algo ja ja Un beso.
EliminarHola. son unas boas actividades para facer sobre a lectura. O resumen és esencial que aprendan a facelo... seguimos en contacto
ResponderEliminarTeriamos que traballar máis estas técnicas, Marta porque todavía cústalles moito facer resumes. Un bico.
Eliminarcuando vas a hacer una entrada que sea sólo medio buena???? NUNCA, PORQUE TODO LO QUE HACES... ES PERFECTO.
ResponderEliminarBuen finde, amiga.
Ay, que me ruborizo, Blanca, ji ji Un abrazo amiga mía y muchas gracias por tu palabras.
EliminarVaya que si ajajaja, es el que nos han metido en la oposición jajajaja.
ResponderEliminarEspero que te hayan salido bien los exámenes, Tamara. Un abrazo.
Eliminar