Neste mes seguimos a medrar e incorporamos á nosa lista de blogues participantes 5 novos blogues aos que dicimos: BENVIDOS!! a UN PROXECTO ENTRE TODOS. Aquí vos deixamos a lista de participantes actualizada.
O comezo de curso non poido ser máis activo, xa se pediron axuda para 10 TEMAS novos e colaboraron activamente aportando enlaces 68 blogues amigos. Dámosvos as grazas polo entusiasmo que demostrades neste proxecto, pois nos anima a continuar.
Nesta ocasión vos queriamos pedir un favor. Como xa vos explicamos en anteriores ocasións, unha vez que deixades os enlaces nos comentarios no blogue que pide axuda, nolas cinco (Ana, Fini, Miren, Mireia e Noelia) revisámolos e filtrámolos para incorporalos ao SITES de UN PROXECTO ENTRE TODOS.
Ultimamente, nos atopamos algúns enlaces que ainda que están relacionados co tema solicitado, non son adecuados para a preparación e realización de proxectos para INFANTIL, EDUCACIÓN ESPECIA E PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA, que son as idades ás que vai dirixido este proxecto principalmente. Por exemplo, no proxecto das laranxas, atopamos mil recetas de cociña só porque se fan con laranxas (sen posibilidade algunha de facelas na aula). E por iso que vos pedimos que antes de deixar un enlace sen revisar, por favor lle botedes un vistazo primeiro. Nós filtramos e retiramos do SITES todos aqueles enlaces que non consideramos axeitados.
Se vos animades a participar, só debedes deixar un mail e a dirección do blog co que queredes participar nun comentario nesta mesma entrada.
E coma sempre, MOITAS GRAZAS!! pola vosa colaboración e participación.
ANA, FINI, MIREIA, MIREN e NOELIA
La familia crece :-)
ResponderEliminarSí, Carmen, poco a pco cada vez somos más, ja ja Un beso.
EliminarMe alegra mucho que más blogs se integren al proyecto, Hay que colaborar con enlaces que aporten a los proyectos.
ResponderEliminarSaludos.
Así somos más para aprender los unos de los otros, Mirian. Un beso.
EliminarMe alegro de formar parte de este proyecto, gracias!
ResponderEliminarY nosotros de que formes parte de él, Marta. Un saludo.
EliminarSobresaliente, chicas, enhorabuena!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
ResponderEliminar