Hoxe no cole tivemos a visita de Asun e Vanesa que pertencen ao Instituto Galego de Consumo a darnos unha charla sobre alimentos saudables. Moitos dos nenos e nenas do cole ían en Porriño a unha competición de baloncesto polo que fomos poucos os que poidemos asistir a dita charla. Pasámolo moi ben. Fomos a Sala de Xuntas e alí tiñamos dúas mesas preparadas. Despois de sentarnos a cada un de nós repartíronnos un alimento. Había de todo: pan, patacas, peixe, polo, chocolate, xelado, galletas, leite, iogures,.... As monitoras preguntábannos o noso nome, o nome do alimento que tiñamos nas mans, se eran saudables, se non gustaba,... Cando nos preguntaron se nos gustaba o tomate uns cuantos levantamos a man pero ... cando nos preguntaron si nos gustaba o chocolate ou os xelados ... TODIÑ@S LEVANTAMOS A NOSA MAN! Despois ensináronnos unha pirámide de cores, e dixéronnos que eran a Pirámide dos alimentos, que había que comer moito do que había abaixo e pouco do que había arriba. Era unha pirámide moi especial porque se podía desmontar. Cando a tiñan desmontada xogamos a un xogo que consistía en botar en cada cor os alimentos correspondentes. Así na cor laranxa botamos os macarróns, o pan, as patacas,... era o máis grande de todos. Na cor verde ían as froitas e verduras por iso botamos o tomate, a pera, a mazá,..., despois viña o azul e alí ía o leite, os iogures, o queixo,... Xa só faltaba o vermello no que metimos o peixe, a carne, o polo,... e por último o amarelo onde colocamos os xelados, as salchichas, o chocolate, ... Era a puntiña da pirámide e Asun díxonos que podiamos comer pouquiño deses alimentos, que non podiamos abusar. QUE MÁGOA, XUSTAMENTE OS QUE MÁIS NOS GUSTABAN A TODOS! Aquí vos deixamos algunhas das fotos que quitamos. Lembra que se poden ver a pantalla completa e quitar o volume para que non se esc oite cando acabe a presentación de fotos.
E con tanto alimento, para traballar o seu vocabulario tanto na pizarra dixital como no rincón do ordenador vos deixamos esta secuencia didáctica:
E para ver se sabedes colocar ben cada alimento no seu lugar, clicade na imaxe:
Escoitando aos que saben decatámonos do mal que comemos ás veces. E tamén de que o que máis non gusta non é mellor. De calquera xeito aprendestes un montón, ti preparaches os recursos e so queda usalos. Un bico moi forte.
ResponderEliminarMoi interesante e didáctica a visita. O recurso da pirámide está xenial, pero o da secuencia de alimentos non puiden abrilo (non sei por que ¿?.Probarei a entrar na páxina do proxecto medusa directamente. Biquiños!!
ResponderEliminarQué divertida la canción del video!!! ha tenido que ser una actividad rica rica...un abrazo
ResponderEliminarVese nas fotos que foi unha actividade moi práctica, cuns alimentos moi reais, seguro que o pasastes moi ben ademais de aprender moito. Bicos.
ResponderEliminarProfes, eu co larpeira que son pasábame igual que aos rapaces o que máis me gustaba era precisamente o que estaba enriba no piquiño amarelo pero bueno teremos que ser responsables e comer máis do verde (froitas e verduras) e do azul (lacteos e variados). Un biquiño.
ResponderEliminarDolores, a min tamén me gustou moito o da pirámide desmontable, foi unha forma moi sinxela e gráfica de explicarlles a pirámide dos alimentos. En canto ao enlace, a min co google chrome vaime perfectamente, será problema do navegador? Un bico.
ResponderEliminarGemi, acertaste con lo de rica, rica porque algunos creían que la comida era de verdad y todos querían que les tocase el chocolate. Lo cierto es que lo pasamos fenomenal. Un besito.
ResponderEliminarÁngeles, eu creo que o que lles quedou moi clariño é que os alimentos que máis lles gustaban a todos como o chocolate, xelados,galletas de chocolate,... era por desgracia o que menos se podía comer. Unha aperta.
ResponderEliminarParece metnira, pero nos hemos acostumbrado a comer más cosas dulces y luego nos cuesta comer lo que se debe. Es una tarea tan difícil con los niños como con los adultos.
ResponderEliminarUna entrada deliciosa!!!
Besos.
hermosa entrada. Muy interesante Ana!
ResponderEliminarMe imagino que se divirtieron mucho y, por sobre todo, aprendieron cosas nuevas.
Grcias por tu lindo comentario en mi blog. Muchos besos!!!
Blanca, ¡cuánta razón tienes! Y lo que nos cuesta, a los que nos gusta el dulce! Un biquiño
ResponderEliminarBere, sí que se divirtieron un montón y aprendieron cuales eran las comidas más sanas. Un besito.
ResponderEliminarÉ posible que sexa polo navegador (eu uso o raposo de lume ;-) Graciñas, mirareino. Unha aperta!
ResponderEliminarInculcar buenos hábitos alimenticios en los niños es planificar su futuro previniendo muchas enfermedades.Me pareció excelente la charla y considero importantísimo el trabajo que estás realizando con tus chicos.
ResponderEliminarBesitos!
Muchísimas gracias Sandra, yo también creo que es muy importante enseñarles desde pequeños a comer sano para prevenir futuras obesidades. Un biquiño.
ResponderEliminarComo siempre, un proyecto fantástico y cuidado al detalle.
ResponderEliminarSeguro que lo habéis pasado muy, muy bien.
Un abrazo para todos.
Otro abrazo muy grande para ti, Elizana y sí, lo pasamos genial y nos divertimos muchos. Un bico.
ResponderEliminar