1º Fomos a sala de Xuntas e alí puxemos un video cunha selección de fotos de todas as celebracións, saídas, charlas e demais actividades que fixemos dentro e fora do colexio. Non volo podo poñer aquí porque dura uns vintecinco minutos e non daría cargado .
2º.- Pedímoslles aos da FAXPG ( Federación de Asociacións de Xordos de Galicia) que viñesen a contarnos un conto en linguaxe de signos porque no cole temos rapaces xordos. Eles aceptaron e nos mandaron a Branca e unha intérprete para contarnos o conto : "UNA CASA A MEDIDA" de Daniela Kulot que empezaba así:
"Esta é a Xirafa. Xirafa é moi alta.
Este é crocodilo. Crocodilo é moi baixiño.
Entre eles hai moita diferencia: máis de dous metros.
Pero, a pesar diso, son parella:
unha parella de namorados".
Gustounos moitísimo e ademais aprendimos a facer moitos signos. Tamén nos ensinou un video "EL SUEÑO DE PEDRO" que era moi bonito e falaba da integración dos nenos xordos e de como romper as barreiras.
3º.- Os nenos e nenas que teñen mobilidade foron a xogar un partido de fútbol ( ¡GAÑOU O EQUIPO VERDE!) e os de cadeiras de rodas e os que teñen pouca mobilidade foron á sala de día a facer Xogos Populares.
4º.- Despois do recreo, o monitor da actividade de Música veu cun coro de catro alumnas do instituto de Canido a darnos un concerto. Que ben o pasamos! Acabamos todos cantando e bailando con elas.
4º.- Despois do recreo, o monitor da actividade de Música veu cun coro de catro alumnas do instituto de Canido a darnos un concerto. Que ben o pasamos! Acabamos todos cantando e bailando con elas.
5º.- Para rematar unha mañá tan completa, algúns profes quedámonos no comedor a comer cos rapaces.
E por suposto quitamos fotos e máis fotos, que pensabades? Aquí vos deixamos unha pequena mostra delas.
Que lindas cosas que realizaron entre todos! Me encantaron Ana. Feliz fin de curso para todos ustedes. Aqui van a comenzar, en un mes, las vacaciones de invierno, que duran quince dias.
ResponderEliminarUn beso enorme!
Unha festa moi animada para rematar o curso. Os nenos/as seguro que o pasaron moi ben! Agora a disfrutar dunhas boas vacacións! Bicos.
ResponderEliminarMenuda festa! Así si que da gusto rematar o curso. Xa so nós queda recoller e disfruta das vacacións.
ResponderEliminar