Hoxe tivemos unha xornada de convivencia cun colexio de Santiago de Compostela: "A BARCIA". Pasámolo moi ben.
Cando chegamos ao aparcadoiro de Xoan XXIII en Santiago, xa nos estaban esperando.
Alí ensináronnos as instalacións : a aula multisensorial, psicomotricidade, a piscina, as aulas, ... e o parque que era chulísimo. Divertímonos un montón nel.
Chegou a hora do xantar e todos xuntos compartimos unha comida riquísima. E para rematar tan fantástico día, os alumnos de A Barcia obsequiáronos cunhas preciosas pulseras feitas por eles que nos gustaron moitísmo.
Dende este blog queremos darlles as grazas por ser tan bos anfitrións e dicirlles que ESPERAMOS QUE O ANO QUE VEN NOS DEVOLVAN A VISITA.
Aquí vos deixamos as fotos deste día:
Que ben o pasades no remate do curso! Seguro que foi unha experiencia a repetir. Comeza xuño e comeza a conta atrás. Bicos.
ResponderEliminarCantas cousas fixestes! Unha xornada ben completa! Seguro que chegastes cansadiños/as, pero valeu a pena!
ResponderEliminarUnha xornada de encontro así é moi gratificante para todos e todas.Deberiamos copiar e facer nós o mesmo.
ResponderEliminarXa vexo que te acordas de min, Ana.Tamén nós de ti.
Grazas e biquiños de Feli.
Qué preciosos que están! Y el paseo me imagino que fue re lindo, por la catedral y la alameda. Los felicito, deberían estar muy contentos Ana!
ResponderEliminarTe mando un beso enorme!
Qué lindo paseo de convivencia =) Un beso enorme y feliz jueves!