19 may. 2016

CORRELINGUA 2016


O pasado martes día 10,  tivo lugar en Ferrol o Correlingua para reivindicar un ano máis o uso do galego entre os rapaces e rapazas da nosa comunidade.

A diferencia do ano pasado, este ano fomos todas as clases do centro. Sobre as dez e cuarto partimos cara o paseo marítimo de Caranza. Alí, xuntámonos con centos de compañeiros de distintos centros da comarca como Centieiras, Os Casais, O Terra de Ferrol, ... e fixemos unha camiñata ata o Auditorio Municipal.


Unha vez dentro, o grupo Talía Teatro fixo as tarefas de presentación.


A continuación tres rapaces de quinto do noso cole (Claudia, Borja e Lucía) e Sara Montagut de sexto, subiron ao escenario a ler o Manifesto Gañador deste ano escrito polo alumnado de portugués de 4º da ESO do IES de Ribadeo, Dionisio Gamallo. Podedes ler o texto do mesmo clicando AQUÍ.


Neste video podedes ver como len parte do manifesto. Por problemas técnicos non podemos dispoñer da lectura íntegra do mesmo:


E xa para rematar, todos poidemos disfrutar da actuación musical do grupo "Gramola Gominola" que nos fixo levantar a todos dos nosos asentos para movernos ao ritmo da súa música.

Aquí vos deixamos o video promocional do grupo:

18 may. 2016

ERASE UNHA VEZ ... KIWILANDIA


O último reto do concurso: "FRUTA UN BOTÍN SABROSO" consistiu en inventar distintos personaxes kiwi e con eles facer unha historia.

Así que nin cortos nin perezosos,cada un de nós inventou ao seu personaxe:   KIWI-FIESTERO,  KIWI-CANTARÍN,  KIWI-RAPERO,  KIWI-DEPORTISTA,  KIWI-MAGO,  KIWI-ENAMORADO,  KIWI-DORMILÓN,  KIWI-SORPRENDIDO,  KIWI-AVENTURERO e  KIWI-HELADERO.

E con estes dez personaxes, escribimos individualmente, unha historia na que aparecesen todos. Despois, entre todos, votamos a que máis nos gustou para mandala para o concurso, e foi a de Sara Fernández.

Ollade que bonita historia e que bonitos debuxos fixemos:


Clicade no recadro de arriba á dereita para velo a pantalla completa

17 may. 2016

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Estes días na clase, estivemos aprendendo moitas cousas da vida e obra de Manuel María, o autor homenaxeado este ano no día das letras galegas. Con todo o que aprendimos, fixemos este video da súa biografía, tomando imaxes da páxina web CASA MUSEO MANUEL MARÍA.

Ollade como nos quedou:


Na páxina web, PRIMAVERA DAS LETRAS, podedes atopar moitos recursos sobre este gran autor galego:


Algarabía animación, fixo estes dous videos baseados en obras súas:


E con esta fermosa imaxe de Leandro Lamas, queremos desexarvos a todos, MOI FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!!!


14 may. 2016

UN PROXECTO ENTRE TODOS: NOVA LIÑA DE ACTUACIÓN


Xa hai máis de 4 anos que cinco mestras blogueiras nos embarcamos nesta aventura colaborativa que tantas alegrías nos deu. A principal, poder unir a tanta xente cun obxectivo común: "Compartir os nosos recursos e as nosas habilidades na búsqueda de recursos para a realización de proxectos". Alédanos moito poder decirvos que desde que empezamos este novo curso, plantexáronse 15 novos temas:

O colexio, polbos, o Polo Norte, Reino Unido, Monet,
Vivaldi, Inuits, Francia, Tchaikovsky, Estados Unidos,
caracois, ciencia e experimentos, cerebro e sabana africana.

Desde que comezamos con UN PROXECTO ENTRE TODOS , cada mes realizamos unha entrada de actualización do proxecto para informarvos a todos dos avances. Foron moitas entradas e por iso decidimos darlle un xiro a esta dinámica. A partir de agora, publicaremos unha entrada de actualización cada trimestre. Se alguén solicita participar no proxecto e valoramos positivamente a súa solicitude, pasará a formar parte do proxecto de xeito inmediato e comunicarémosllo ao resto dos blogs amigos na entrada trimestral.

Todos os enlaces recopilados, continuaremos recolléndolos revisados, filtrados e clasificados no SITE de UN PROXECTO ENTRE TODOS. Invitámosvos tanto aos blogs amigos participantes como a todas as persoas que nos visitades, que vos dedes unha volta por este arquivador xigante, porque realmente merece a pena utilizalo para os vosos proxectos. Aquí vos deixamos o enlace.
https://sites.google.com/site/unproyectoentretodos/

E se tes un blog de educación e queres participar en UN PROXECTO ENTRE TODOS só debes deixarnos un comentario nesta entrada xunto a un mail para que nos poñamos en contacto contigo. ANIMARVOS!!!!!!!!

MOITAS GRACIAS A TOD@S
ANA, FINI, MIREIA, MIREN e NOELIA 


7 may. 2016

CINENSINO: "DO REVÉS"


A segunda película que vimos dentro do programa de Cinensino foi "DO REVÉS" de Disney Pixar. Trátase dunha película moi útil para entender como procesa a nosa mente e como nos movemos e percibimos a realidade a través das emocións.

Comenzámola vendo un día en informática, pero por problemas técnicos, tivemos que rematar de vela na clase: 

Serviunos para que o noso alumnado investigase sobre as emocións e compartise experiencias cos seus compañeiros e compañeiras, representando as súas conclusión a través de diversos produtos.

Aquí vos deixamos o tráiler oficial da película:

5 may. 2016

RECICLAMOS: FACEMOS COLARES

A semana pasada fixemos uns bonitos colares utilizando arandelas, vernices de cores, rotuladores permanentes e cinta ou cordón de cor negra:


Ollade que concentrados estabamos ...


E que bonitos e orixinais quedaron:



Gústanvos?

3 may. 2016

APRENDEMOS A UTILIZAR O POWER POINT: FROITA ARREDOR DO MUNDO


No cuarto reto do concurso, "Froita un botín saboroso" coñecimos distintas froitas do mundo como mango, papaya, aguacate, lima e por suposto o kiwi. Repartimos este cuarto reto en dúas sesións.

1º SESIÓN: CAIXAS DE SENTIR E MACEDONIA VERANIEGA: Nesta primeira sesión utilizamos os nosos sentidos para recoñecer e coñecer distintos  tipos de froita. Dividímonos en cinco grupos de dous alumnos/as en cada grupo. A profe deunos a cada grupo unha caixa marcada cun número na que había un recipiente con froita troceada. Cada un de nós, tiñamos que meter a man, coller un pedaciño, ulilo, tocalo e/ou saborealo e ademais cubrir unha ficha frutal co que experimentamos coa froita en cuestión:


A continuación en grupo, preparamos unha rica macedonia veraniega:

MACEDONIA VERANIEGA


2º SESIÓN: TRABALLOS E EXPOSICIÓN SOBRE FROITAS. Na segunda sesión fomos á aula de informática, alí buscamos información sobre a froita que nos tocou e con esa información fixemos unha presentación en power point que despois ensinamos aos nosos compañeiros e compañeiras.


Así nos quedaron as nosas presentacións:






Aprendimos moitísimas cousas sobre estas froitas tropicais!

2 may. 2016

2021: UNHA ODISEA NA TERRA


O martes da semana pasada, a ANPA convidounos a asistir ao Pazo da Cultura de Narón para ver a obra de teatro: "2021: Unha odisea na terra", unha obra escrita e dirixida por José Luis Prieto e interpretada pola Escola de Teatro de Narón.

Durante preto dunha hora poidemos disfrutar dunha fantástica obra que  ten na contaminación o tema central, abordando tamén de xeito transversal a educación vial ensinándonos que temos que poñer casco ou como temos que tomar as rotondas entre outras cousiñas. Aquí vos deixamos unha sinopse da obra:

SINOPSE: No ano 2021, unha súbita contaminación masiva provocada por "OS OUTROS" fai que haxa que evacuar a toda a pobación terrestre a marte. Na Terra só quedan catro "ESCOLLIDOS" coa misión de investigar as causas de tal desastre ambiental e poder así salvar o Planeta.. Durante esta importante misión, estos "Escollidos" terán  que enfrontarse a moitas situacións arriscadas.

Pasámolo moi ben.