27 abr. 2016

PREMIOS POESÍA E IMAXE´: NORABOA ESTELA!!!!!!


Este curso participamos no Certame de Creación Artística de Poesía e Imaxe que este ano vai xa pola XVI edición. Este certame, promovido pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística e o Concello de Ferrol, consiste en poñer unha iamxe (fotografía, debuxo, collage,...) a uns versos ou parágrafos escollidos entre 30 textos de distintos autores e autoras do mundo e en diferentes linguas (xaponés, portugués, catalán, inglés, galego,...).

Como expoñen desde o departamento de GNL de Ferrol  «Esta actividade escolar ten por finalidade que os alumnos e as alumnas dos centros de ensino de Ferrol e da comarca coñezan a realidade plurilingüe do mundo da que forman parte con lingua propia»,  

Estas son as poesías que eleximos nós e os nosos debuxos:


E hai uns días, chegounos a agradable noticia de que a nosa compañeira Estela, resultou unha das gañadoras na categoría de traballos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Aquí a temos recollendo o seu premio no Centro Cultural Carvalho Calero:


A NOSA MÁIS SINCEIRA NORABOA, ESTELA!


25 abr. 2016

DÍA DO LIBRO

Este sábado foi o día do libro. Como o venres non tiñamos clase, celebrámolo entre o xoves e hoxe luns. O xoves, a nivel de centro,fíxose un apadriñamento lector dos nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto aos nenos e nenas de educación infantil.
Nós,  acompañados de catro rapaces e rapazas de quinto, lémoslles contos aos nenos da clase da profe Lidia, os de tres e catro anos:




Eles, agasalláronnos cunha fermosa flor que fixeron e nós non quixemos ser menos e agasallámolos con estes bonitos marcapáxinas de animais:


Para lembrar este momento, cada peque sacou unha foto co seu "padriño" lector e os agasallos:

 


Na nosa clase, como nos gustaron moito os marcapáxinas de animais, decidimos facer un igualiño para levarnos ás nosas casas. Ollade que bonitiños nos quedaron:


Tamén escribimos un poema nun cadrado, o pegamos no fondo dunha caixiña que fixemos con origami e despois os intercambiamos cos nosos compañeiros e compañeiras.


E hoxe a última hora fixemos o II Mercadillo de Libros da Maciñeira. Voluntariamente, cada rapaz e rapaza podiamos traer ao cole un ou dous libros polos que recibiamos un vale para cambiar por outro/s no mercadillo.



MOI FELICES LECTURAS

20 abr. 2016

XORNADA DE CONVIVENCIA NO CEE TERRA DE FERROL

O ano pasado en decembro, no cole recibimos a visita dos nenos e nenas do CEE Terra de Ferrol (si clicades no nome podedes acceder a entrada que publicamos no seu día) así que este ano devolvímoslles a visita.

Cando chegamos, o seu xefe de estudos, Xesús, amosounos a preciosa biblioteca que teñen:


Despois visitamos a aula de multisensorial que nos encantou, así como psicomotricidade e unha das aulas que quedaba ao seu carón:



Ás once, acompañámolos ao Salón de Actos onde disfrutamos dunha obra de títeres que nos gustou moito:


Despois seguimos vendo as instalacións: o vaso terapéutico (queremos un para o noso cole, jaja), o internado e o comedor, onde aproveitamos para tomar a merenda:


Como xa era a hora do recreo, saímos a fóra a xogar un partido cos rapaces e rapazas do Terra de Ferrol. Ao igual que nós, gústalles moito o fútbol. Foi un partido moi reñido no que empatamos 4 - 4.


Ao remate, voltamos á biblioteca onde a directora, Mª Carmen, tiña uns agasallos para nós. Regaláronnos un libro para o noso cole: "TE QUIERO (casi siempre)" de Anna Llenas, un libro para nenos e maiores que invita á comprensión de aquilo que nos fai diferentes, amosando o máxico efecto dos polos opostos e tamén unhas bonitas libretiñas de notas con fotos do cole.



E ... sabedes que? Inauguramos o seu libro de visitas da biblioteca, firmando e deixando unha dedicatoria nel:


Pero iso non foi todo, antes de subir ao autobús, visitamos o galiñeiro e o invernadoiro e alí, Xesús agasallounos con dúas fermosas plantas que plantaremos no noso cole:


MOITÍSIMAS GRAZAS A TOD@S POR INVITARNOS. PASÁMOLO MOI BEN!

No blog da súa biblioteca: O RECUNCHO DO RATO ROI podedes ver todas as actividades que fan que non son poucas e ademais moi chulas.

15 abr. 2016

EXPERIMENTANDO COA FROITA


E terceiro reto conseguido!!!!!!! Dentro do concurso de "Froita, un botín saboroso", no terceiro reto aprendimos a diferenciar e a nomear os catro sabores principais: ÁCIDO, DOCE, SALGADO e AMARGO.

Nunha mesa colocamos noces, azucre, limón e chocolate sen azucre. En grupos,degustamos os alimentos da mesa e unha vez que pasamos todos por alí, intentamos averiguar de que tipo era cada un. Como somos moi listiños, todos acertamos á primeira.

Aquí tedes unhas imaxes da degustación. As súas cariñas dinno todo, non credes?


A continuación, se lles presentou a froita dende unha perspectiva inesperada: a través da química. Fixemos tres grupos e a cada un lle tocou preparar un experimento.

- Experimento con mandarina


EXPLICACIÓN:


- Experimento con mazá e  limón


EXPLICACIÓN:


- Experimento da bombilla


EXPLICACIÓN:


E xa para rematar, que mellor que preparar un delicioso BATIDO TROPICAL para tomar antes do recreo? Ollade, ollade, como o preparamos.




Antes de recoller todo, invitamos aos nosos compañeiros de 4º da clase do lado e tamén aos de 2º que están estudando os obxectos que se hunden e os que frotan, á nosa clase para ver os nosos experimentos:

7 abr. 2016

2ª CHARLA PLAN DIRECTOR: "NON XOGUES COAS DROGAS"


O xoves da semana pasada, tivemos no cole a segunda charla do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade escolar. Nesta ocasión o tema foron as drogas e entre elas o alcol e o tabaco. Foi unha charla moi interesante e ao rematar todos tiñamos moi clariño que ... NON QUERIAMOS SABER NADA DAS DROGAS!!!!!!!! nin das permitidas nin das prohibidas.

Durante a charla visionamos varios videos como estes:

-Para sensibilizar aos xóves sobre os riscos do consumo do alcol:



- Ou para informarnos  dun xeito cómico, de que non debemos de tomar drogas e moito menos se estamos ao volante:



Ademais pola rede, atopei este video de prevención de adicciones a través de marionetas, que pode resultar moi útil para os cursos máis pequenos:


Algunhas fotos da charla ...

Presentación feita con PhotoScape