28 mar. 2016

DÍA DA POESÍA

O venres pasado no cole, celebramos o día da Poesía porque hoxe non hai clase xa que estamos de vacacións. E que mellor xeito de celebralo que recitando todos xuntos, no patio cuberto uns fermosos poemas tanto inventados como de grandes poetas.

Nós, os de sexto, recitamos uns HAIKUS que inventamos sobre a primavera. Para os que non o saibades, os haikus son uns poemas xaponeses de tres versos soamente ( de 5, 7 e 5 sílabas) que normalmente tratan da natureza.

Ollade como nos quedaron:


                Comen e comen                          Flores no campo
                os vermes sen parar                     paxariños no ceo
                na primavera.                              na primavera.
                    Yanira                                        Íker


                Pequena abella                            Na primavera
               que vai de flor en flor                    bolboretas de cores
               polen nas patas.                            veredes moitas.
                   Manuel                                        Estela



                Raios de sol                                 Na primavera
                paxaros cantaríns                         florecen as pereiras
                frescos xardíns.                            que ricas peras!
                     Laura                                      Sergio Sosa



                 Os paxariños                                O frío vaise
                 cantan e cantan e as                      a caloriña chega
                 veces enfadan.                              é primavera.
                      Borja                                         Sara M.



               Na primavera                                   Na primavera
               os paxaros cantando                        os paxariños voan
                nenos saltando.                               no mediodía.
                     Sara F.                                     Sergio Silvén

Preguntaredesvos porque están escritos en forma de gota de chuvia, verdade? Pois ben, fixémolo así porque seguindo unha idea de Isabel Bermejo, do blog Lapicero Mágico, con eles, fixemos despois a nosa particular CHUVIA DE VERSOS:


25 mar. 2016

MANUALIDADES E DECORACIÓN INVERNAL

Durante este trimestre, nas clases de plástica estivemos a facer distintas manualidades de inverno. Comezamos facendo estes simpáticos pingüíns con paíños de madeira:


E con eles, as letras que coloreamos de inverno, e o boneco de neve feito con vasos de plástico, adornamos a entrada do noso cole:



E xa para rematar, fixemos outros bonecos de neve pero estes un pouquiño máis complicados:



Estas son as plantillas que utilizamos:

19 mar. 2016

RECICLANDO ANILLAS DE LATAS

En Plástica esta semana, estivemos a reciclar anillas de latas de bebida e con elas fixemos nin máis nin menos que este fermoso chaveiro:


Para aprender a facelo, aparte das explicacións da profe, vimos este  titorial:


Case todos queriamos aproveitar para regalarllo aos nosos pais polo día do pai, así que con cartón ondulado fixemos unhas bonitas caixas almofada...


utilizando a seguinte plantilla:


GÚSTAVOS?

17 mar. 2016

VOLTAMOS AO MUSEO DO HUMOR


Onte voltamos ao Museo do Humor de Fene, pero esta vez non a ver ningunha exposición senón a recoller o noso accésit polo Cómic que fixemos para o concurso "Mortadelo e Filemón en Fenicia.

No acto, presidido polo Alcalde de Fene, Juventino Trillo e a Concelleira de Cultura, Amalia García, entregáronnos un Diploma que acredita o noso premio e tamén un catálogo con todas as obras gañadoras.

A continuación, poidemos disfrutar da exposición de todos os traballos presentados, no piso de arriba do Museo.






Na páxina do Facebook do Museo do Humor poderedes ver estas y otras fotos máis incluída unha de todos os premiados xuntos.

15 mar. 2016

2º RETO CONSEGUIDO!!!!!!


No segundo reto do concurso de "Froita, un botín saboroso", analizamos o noso estilo de vida a través dun test no que tiñamos que apuntar todo o que comiamos durante unha semana tanto no almorzo, como na comida, na merenda e na cea, e por suposto apuntar as pezas de froita que tomabamos ao día. 

Ao vista do resultado obtido, chegamos á conclusión de que en xeral, non somos moi consumidores de froita.

Por iso, e para motivar e concienciar as nosos compañeiros do cole, que debían de comer froita, porque é moi sá e ten moitos beneficios, decidimos elaborar uns carteis para pegar polo centro.

Primeiro, inventamos uns slogans pegadizos e sinxelos de lembrar como:

" Come moitas froitas ao día
para medrar con enerxía"

" Toma froita a montón
para molar mogollón"

"Se nas comidas tomas froitas
como kiwis ou mandarinas
disfrutaralo toda a vida"

"Se tomas alomenos unha froita ao día
conseguirás mellorar a túa vida"

A continuación debuxamos distintas froitas como: kiwis, mazás, uvas, sandía, plátano, laranxas, peras, cereixas, amorodos ou melón:


E xa para rematar, montamos os carteis:





Agora, xa penduran das paredes do noso cole:


E VÓS, ANIMÁDEVOS A TOMAR FROITA CONNOSCO?

13 mar. 2016

SEMANA DA PRENSA 2016


A semana pasada, foi a Semana da Prensa aquí en Galicia. O ano pasado, na clase, estudamos as partes dun xornal con esta unidade didáctica:



E tamén fixemos debuxos en papel de xornal que quedaron moi bonitiños. Si clicades na imaxe poderedes ver e lembrar os debuxos que fixeron todos:


E a nivel de cole, cada clase inventou noticias coas que se fixo unha gran exposición:


Pois ben, este ano dende o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización en Lingua Galega, se nos propuxo facer un gran xornal entre todas as clases con distintas seccións: novas comarcais, nacionais, pasatempos, deportes, cultura, o  tempo e por suposto os anuncios.

Nós eleximos a sección de anuncios. Así que cunhas imaxes de obxectos cotidianos, copiamos a @hyemi.jeong, e fixemos uns debuxos a partir dos cales inventamos os nosos anuncios. Ollade que ben quedaron:


De esquerda a dereita e de arriba a abaixo, temos os anuncios de: Sara Fernández, Estela, Laura, Íker, Yanira, Sergio Sosa, Sara Montagut, Borja, Sergio Silvén e Manuel.

A maior tamaño:












QUE VOS PARECEN?