28 sept. 2015

MARCAPÁXINAS TRENZADO



Este ano seguimos a facer todos os días a HORA DE LER, é dicir, adicamos media horiña a ler os libros que temos na nosa biblioteca de aula. Se estes libros non nos gustan, podemos traer da nosa casa ou tamén collelos prestados na biblioteca do cole.

Como xa vos contamos o ano pasado, cada vez que rematamos un libro, pintamos un, no noso lectómetro e ademais cubrimos unha pequena ficha onde contamos se nos gustou ou non o libro e  tamén lembramos a parte que máis nos chamou a atención facendo un debuxo, copiando unha frase, contando algo, ... Podedes ver a ficha e o noso lectómetro clicando  na imaxe.


Para saber onde nos quedamos lendo, este ano fixemos un marcapáxinas que sacamos da páxina de KROKOTAK. Cortamos dúas tiras de 2 cm de grosor dun folio branco tamaño A4 e dúas da cor que cada un quixo (azul, verde, laranxa, amarelo ou  vermello) e comenzamos a trenzar.


Se queredes saber como se fan, clicade na imaxe para ver un titorial:


22 sept. 2015

CONTANDO EN FEMININO


Onte fomos á Casa da Cultura de Neda para ver unha sesión de contacontos de Ana Hermida da asociación LISÍSTRATA titulada "CONTANDO EN FEMININO: CONTOS PARA A IGUALDADE". Esta actividade está enmarcada dentro do programa  LER CONTA MOITO da Consellería de Cultura co que se pretende fomentar o gusto pola lectura en pequenos e non tan pequenos.


Durante preto dunha hora, Ana contounos tres contos, dous deles de Adela Turín, "A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES" e "ARTUR E CLEMENTINA" e un terceiro, "A PRINCESA QUE NON QUERÍA CASAR" do que non sabemos o autor. Con eles, tal e como nos din na súa páxina, "trátase de concienciar ao público máis novo para que rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos onde se pode cambiar o final e tamén onde o protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades xa que xogando e contando, apréndese a formar en igualdade". 

Seguriño que moitos de vós xa coñecedes os contos de Adela Turín pero aquí volos deixamos por si queredes lembralos:





E tamén o libro lim do conto dos Bonobos que preparei  hai dous anos e que a maioría coñecedes xa:


https://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/bonobos/bonobos.html

Unha vez que voltamos ao cole, cada un de nós pensamos en cal foi o conto que máis nos gustou e por que e tamén o que aprendimos coa saída e escribímolo nunha folla de papel. Aquí vos deixamos o que escribimos:

- ÍKER: Gustoume o conto de "Artur e Clementina". Este conto trata de dúas tartarugas que se casan. Unha delas, Clementina quería aprender cousas e ver o mundo pero a outra tartaruga, Artur,  a insultaba e non lle deixaba saír da casa. Ao final,  Clementina foise para coñecer novos amigos e novos lugares. Para min, este conto nos ensina que non debemos insultar á xente nin deixar que nos insulten a nós.

- BORJA: A min gustoume máis "Un conto ao revés". Trata dunha princesa que non quere casar. Unha mañá apareceulle na porta unha montaña de príncipes e como non quería casar lles puxo unhas probas que ninguén superou.  E a princesa non casou. Con este conto aprendín que os principes ao igual cas princesas tamén, choran, teñen medo, son presumidos, etc e que unhas princesas se casan e outras non pero son felices igual.

- YANIRA:  A min  gustoume máis "Un conto ao revés" porque fala dunha princesa á que os seus pais querían casar. Por iso un día invitaron a moreas de príncipes a ver á princesa. Ela dilles que lles vai facer unha proba e todos vanse menos cinco que dilleron que ían facela. Todos os príncipes foron perdendo as súas probas, pero o último ao final resultou que pensaba igual ca princesa e se fixeron moi amigos. Nesta saída aprendín que non debemos insultar nin pegar e tamén que ser presumido e guapo non quere dicir que se sexa boa persoa.

- MANU: Gustoume "Un conto ao revés" porque falaba dunha princesa que non quería casar pero os seus pais lle mandaban facelo. Buscaronlle moitos príncipes. Uns eran miedosos, outros moi valentes, algúns presumidos outros bailaríns. A princesa púxolles unha proba a cada un e todos foron renunciando. Soamente o máis pequeno, o Esmirriado, dixo na metade da proba o que pensaba e fíxose amigo da princesa. Ao final os seus pais entenderon que a súa filla non tiña porque casar se non quería. Eu aprendín que non debemos maltratar á xente porque tampouco nos gustaría que nolo fixesen a nós.

- ESTELA: Eu quédome con "Artur e Clementina". Gustoume porque era a historia dunha tartaruga que se aburría moito na casa porque sempre estaba soa e o seu home non a deixaba saír nin aprender cousas novas. Un día saíu e empezou a facer moitos amigos. Ao ver que se divertía tanto decidiu fuxir para poder disfrutar da vida e olvidar os insultos do seu home. Con este conto e os demais, aprendín que todos somos iguais e temos os mesmos dereitos e que non debemos maltratar a ningúen nin con insultos nin con golpes.

- SARA MONTAGUT: A min a que máis me gustou foi  "A historia dos Bonobos con Lentes" porque nos ensina que as tarefas son tanto para homes como para mulleres. O conto trata duns bonobos que se fartaron de non facer nada e un día marchan a Irlanda a aprender inglés. Cando voltan lles ensinan inglés aos demais bonobos e lles regalan uns lentes pero ás bonobas ainda que tamén querían aprender, non lles ensinaban nin lles regalaban os lentes. As Bonobas enfadadas marchande alí cos bonobos pequeniños e son moi felices. Os bonobos están tristes e famentos porque non saben facer nada, nen sequera buscar comida.

- SERGIO SOSA: O conto que máis me gustou foi "Artur e Clementina" porque nos ensina que as mulleres poden facer o mesmo que os homes. E da saída aprendín que non se maltrata as persoas e que todas as persoan teñen dereito a facer o mesmo cas outras sin importar o seu xénero.

- LAURA: Gustoume "A historia dos Bonobos con Lentes" porque trataba dun grupo de bonobos que se van a aprender inglés. Cando voltaron llo ensinaron a todos os bonobos. As bonobas tamén querían falar inglés pero os bonobos non quixeron ensinarlles e inventaron moitas excusas. Ao final provocaron que as bonobas e os bonobiños marcharan. Os bonobos decidiron ir con elas e axudalas.

- SARA FERNÁNDEZ: Hoxe fomos de excursión e nos contaron tres contos. O que máis me gustou foi "A historia dos Bonobos con Lentes" porque demostraba que todos somos iguais e que non só deben traballar a mulleres ou os homes e tamén que todos temos dereito a aprender o mesmo.

20 sept. 2015

UN PROXECTO ENTRE TODOS: CURSO 2015/16. VOLTAMOS CON FORZA!!!!


Este grupo de blogueiras:

Ana (AulaTic)
Noelia (Mi cole al día)

dá a benvida ao novo curso escolar 2015-2016 a todos os participantes de "UN PROXECTO ENTRE TODOS" con tres novidades. 

CAMBIAMOS DE IMAXE

O SITES de UN PROXECTO ENTRE TODOS estrena novo "look" máis moderno e actualizado, pero coa mesma estructura de arquivador de recursos que foi ata o de agora:

https://sites.google.com/site/unproyectoentretodos/


Durante o verán, revisamos os enlaces dos 112 temas que xa se atopan recopilados de tal xeito, que retiramos aqueles que desapareceran ou simplemente non funcionaban.

IMOS SER 1 MÁIS

A nosa querida compañeira Fini de "Mi grimorio escolar" tomarase uns meses de merecido descanso e retiro debido a súa próxima maternidade e desde aquí deremos darlle a nosa NORABOA e dicirlle que disfrute ao máximo desta nova etapa.

 ABRIMOS A LISTA DE ADMISIÓN

Tras deixar fóra da lista de participantes a aqueles blogs que se apuntaron ao proxecto e nembargantes nunca colaboraron aportando enlaces, a lista baixou de 200 blogs participantes a 159. Co que de novo volve a haber vacantes para participar.

Invitámosvos a participar neste proxecto, lembrando as instrucións de funcionamento, para que vos animedes. So deberedes deixar un comentario nesta mesma entrada co voso mail e URL do blo co que queredes participar e nos poñeremos en contacto o antes posible.


INSTRUCCIÓNS XERAIS

Para participar utilizamos dous selos:

Primeiro selo: engádese ao blogue (en forma de gadget) e indica que formas parte deste novo grupo.


Segundo selo: cando imos comezar un proxecto, realizamos unha entrada indicando o tema do proxecto e engadimos este selo. É un sinal de inicio da colaboración. A persoa que teña material, que poida aportar, pode facer un comentario nesa entrada enlazando direccións de interese. Deste xeito nos facilitamos entre todos a búsqueda.


Lembrámosvos tamén que todos os enlaces, que compartimos entre todos, están recollidos no SITES  de UN PROXECTO ENTRE TODOS.

Poderiamos definilo como un "espazo" cómodo e práctico ao que poder acudir, para así recuperar todos os recursos que se están a acumular en calquera momento que se poidan necesitar. Así de sinxelo, simplemente é un "GRAN ARQUIVADOR" onde recurrir cando estemos preparando algún proxecto sin necesidade de ter que facer nada máis.

Nel atoparedes polo tanto:
  • Os diferentes proxectos plantexados neste proxecto.
  • Todos os enlaces proporcionados polos blogues colaboradores.
  • As normas de funcionamento de "Un proxecto entre todos".
  • Os selos de participación do proxecto.
  • O equipo de 5 blogues organizadores.
  • As direccións de email para contactar cos blogues organizadores por si xorde algún problema o tedes algunha dúbida.

 https://sites.google.com/site/unproxectoentretodos/

Esperamos que este curso funcione tan ben como os anos anteriores ...

BENVIDOS AO NOVO CURSO
ANA, FINI, MIREIA, MIREN e NOELIA

18 sept. 2015

CELEBRANDO O DÍA DO PUNTO


Ao igual que o ano pasado, este ano celebramos na clase o día internacional do punto. Para os que non o saibades, esta celebración ten lugar cada ano o 15 de setembro ( ainda que tamén pode celebrarse entre o 13 e o 17 deste mes ) porque nesta data, Peter Reynolds publicou o seu libro "EL PUNTO". Con ela trátase de fomentar a creatividade de grandes e pequenos  partindo da consigna de que ONDE HAI UN PUNTO HAI UN CAMIÑO.  E tamén ao igual que o ano pasado Miren do blog LA CLASE DE MIREN e mái eu, decidimos programar as mesmas actividades para así comparar a experiencia en niveis tan distintos como son Educación Infantil e o Terceiro Ciclo de Primaria,  coa novidade de que  ademais este ano invitamos a Prado de PEQUEFERROVIARIOS e a Ángeles (caballa69 en Picasa) que axiña aceptaron celebralo connosco.

Para comezar, fomos á aula de informática a ver un video do conto, nesta ocasión narrado por Beatriz Montero:


Despois de falar sobre o conto de Vasthi e de como se sentía ao principio e ao final do mesmo, os rapaces e rapazas deixaron voar a súa creatividade utilizando dúas fichas que se poden atopar na páxina de PeterReynolds.com/dot :


Primeiro debuxaron no lienzo en branco o que nese momento se lles ocurriu e despois colorearon e recortaron o marco para ao igual que a profe de Vashti,  pendurar as súas obras de arte nas paredes (neste caso na porta interior) da nosa clase. Ollade que bonita quedou cos puntos e debuxos tan creativos que fixeron:
Tamén quixemos deixar a nosa marca e a nosa firma para a posteridade , por iso fomos pasando de un en un a a poñela nun gran círculo branco:

Ata eu deixei a miña marca . A ver se sodes capaces de averiguar cal é :


E xa para rematar unha celebración tan especial, non podía faltar a TECNOLOXÍA, así que como nos ordenadores do cole foi imposible,descarguei nun pequeno ordenador meu, da páxina de FableVision  , unha versión de proba de quince días do software de Peter Reynolds, ANIMATION-ISH que como o seu nome indica, serve para facer animacións. E como co rato é moi difícil debuxar ...houbo que buscar outras opcións ji ji Ollade, ollade:




Así quedaron as animacións, son moi curtiñas, apenas duran uns segundos, pero para ser a primeira vez ... NON ESTIVO NADA MAL, non credes?


Ademais cada un levou para casa un pequeno imán conmemorativo para lembrar este día:
FAGAMOS QUE O DÍA DO PUNTO SEXAN TODOS OS DÍAS DO ANO E QUE NON SE PERDA A CREATIVIDADE NAS NOSAS AULAS!!!!!!!

14 sept. 2015

COMEZAMOS...

Comezamos novo curso cun novo compañeiro, Sergio Sosa que acaba de chegar ao noso cole. Este ano continúo coa mesma titoría, agora en Sexto de Educación Primaria e ademais darei Lingua Galega no curso de quinto. Aquí vos presento aos meus alumnas e alumnos:


Na fila de arriba de esquerda a dereita : Sergio Sosa, Sara Montagut, Sergio Silvén, Yanira e Laura.
Na fila de abaixo tamén de esquerda a dereita: Íker, Sara Fernández, Estela, Manuel e Borja.

MOI BO CURSO PARA TOD@S!

1 sept. 2015

VOLTA AO COLE

Imaxe de Rakuten.es mofidicada ao galego

Despois deste parón vacacional no que aproveitei para desconectar e disfrutar do verán e da familia, xa estou de volta coas pilas ben cargadiñas para o novo curso que hoxe comeza.

E vós, estades preparad@s? Botade un vistazo á xenial receita para a volta ao cole que nos ofrecen na páxina de Rayuela.org. Se queredes descargala en PDF clicade na imaxe:


Aproveito para deixarvos o calendario escolar para este curso en Galicia:


E tamén para desexarvos a todos os que pasades por aquí ...