28 feb. 2015

COÑECENDO A MIGUEL DE CERVANTES


Que mellor xeito de comezar o noso proxecto sobre O QUIXOTE que coñecendo un pouquiño máis sobre o seu autor Miguel de Cervantes Saavedra?

Ollade como el mesmo nos conta a súa biografía:

26 feb. 2015

PROXECTO COLABORATIVO O QUIXOTE COAS TIC


No segundo e terceiro trimestre deste curso, participaremos xunto con outros 74 centros escolares de España e do Estranxeiro, no proxecto colaborativo virtual "El Quijote con las TIC" coordinado pola mestre Lourdes Giraldo , para commemorar  o 400 aniversario da edición da II parte dunha obra tan importante para a literatura universal como é "Don Quixote da Mancha".

Cada centro, disporá dun capítulo nun libro virtual feito con OURSCRABOOK. A nós correspondeunos o capítulo 19 que ainda que polo de agora está baleiro pouquiño a pouco irase enchendo coas nosas aportacións.

http://lourdesgiraldo.net/libroLengua2/

24 feb. 2015

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega promove desde 2010 a conmemoración  o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora, do Día de Rosalía de Castro. Este ano, baixo o lema "Eu son Rosalía" nos convida a realizar actividades encamiñadas a afondar na diversidade temática da obra rosaliana, de modo que cada persoa descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada, e así poder comunicalo gravando en video unha frase que comezaría por.."Eu son Rosalía porque...."
Nós gravamos este video:

 

Fixemos un mural escribindo  algunhas das súas poesías:


Tamén as ilustramos:


E rematamos cuns bonitos marcapáxinas:


Se queredes coñecer a vida e a obra de Rosalía de Castro, clicade nos seguintes recursos:
  • Unidade didáctica de Cristina Corral Soilán (que é a que utilizamos nós):


  • Libro Lim baseado no libro Rosalía editado pola fundación Rosalía de Castro e narrado por Sara Ferrín Pérez:


https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/rosalia/rosalia.html

  • Libro Lim do poema Parece unha Rosa:


https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/poema/rosalia.html

22 feb. 2015

QUEIMAMOS O MECO


Como a semana antes das vacacións do Entroido non poidemos quedar o Meco por mor da chuvia, aproveitamos que este xoves non chovía para facelo.

No  recreo xuntámonos todos para disfrutar do espectáculo ainda que a máis de un dábanos moita mágoa ver como se queimaban Finn e Jake.


Con que nos sorprenderán o ano que vén a ANPA?

21 feb. 2015

UN PROXECTO ENTRE TODOS: CUMPRIMOS TRES ANOS!!!!!!!


Estamos de celebración!! UN PROXECTO ENTRE TODOS cumpre xa 3 ANOS. Cando comezamos este aventura ningunha das cinco nos imaxinamos que o noso pequeno proxecto chegaría a estas dimensións:

 3 ANOS COMPARTINDO
 200 BLOGS AMIGOS
 107 TEMAS DE PROXECTOS RECOMPILADOS
 159 BLOGS ACHEGARON ENLACES

 Por suposto todo isto só foi posible grazas á vosa xenerosidade e parécenos que o mellor xeito de celebralo é continuar compartindo. Como xa vos comentamos na nosa última entrada alcanzamos a cifra tope de 200 blogs amigos para participar nun PROXECTO ENTRE TODOS. Agradecemos moito as novas peticións que nos están a chegar pero ese é o número máximo que decidimos aceptar e de momento as listas de admisión continuarán pechadas. Non obstante tamén consideramos que non ten sentido ser membro dun proxecto colaborador sen realizar ningún tipo de participación ou utilizando o devandito proxecto unicamente en beneficio propio. E por iso imos realizar unha reorganización da lista de blogs participantes. Todos aqueles blogs que non participaron en ningunha ocasión achegando algún recurso ás peticións de axuda ou que ben unicamente pediu axuda para realizar os seus proxectos pero nunca axudaron eles, consideramos que deben abandonar o noso proxecto e por iso xa lles mandamos un correo electrónico solicitándolles a retirada do selo do proxecto. Como algúns deles non nos contestaron ao correo electrónico ou mensaxe no seu blog, hoxe publicamos a lista de todos estes blogs para que toda esta información quede pública no proxecto. Nunha próxima entrada publicaremos a lista definitiva de blogs amigos despois das baixas oportunas.
Recordámosvos que no SITES dun PROXECTO ENTRE TODOS xa se atopan recollidos todos os enlaces dos 107 temas que recompilamos nas entradas de axuda publicadas ata a data. No mesmo SITES  atópase toda a información sobre o proxecto e se vos xorde algunha dúbida alí tedes os nosos correos electrónicos de contacto.


 https://sites.google.com/site/unproyectoentretodos/


E como sempre dicimos:

MOITAS GRAZAS AOS BLOGUES QUE PARTICIPARON
ANA, FINI, MIREIA, MIREN e NOELIA

18 feb. 2015

MÁSCARAS E OUTRAS ENTROIDADAS

Durante a semana do entroido, na clase estivemos a facer unhas bonitas máscaras de PELIQUEIROS. Que non sabedes o que son os Peliqueiros? Ollade para velos en acción:


Así de bonitas nos quedaron as nosas máscaras:


E así posamos con elas. Sodes quen de averiguar quen somos cada un?


Tamén queremos amosaros as ENTROIDADAS que fixo o profe Antonio que todos os anos  pide foto por estas datas para ... FACER ESTAS DIVERTIDAS MONTAXES con elas. Non se librou nin a profe:



A QUE SON MOI DIVERTIDAS?

16 feb. 2015

A NOSA CELEBRACIÓN DO ENTROIDO


O venres celebramos no cole a festa do Entroido por todo o alto. Ás once e media baixamos ao patio cuberto para facer o GRAN DESFILE DE ENTROIDO. O tema deste ano foron AS PROFESIÓNS e pola nosa pasarela desfilaron astronautas, doutores, veterinarios, mecánicos e moitísimos profesionais máis. o xurado o tivo realmente difícil para elexir un disfraz por clase e ademais os tres mellores disfraces de todo o cole. Aquí podedes ver algunhas fotos e os disfraces gañadores:


Despois subimos ao porche e alí poidemos degustar unhas riquísimas orellas e rosquillas que fixeron como non a nosa ANPA. Uhmmmmm, estaban boísimas! Aquí vos deixamos algunha fotiño máis deste día (se non vedes ben o video clicade na rodiña que hai abaixo á dereita e poñede calidade 480):



Debido ao mal tempo non poidemos queimar o MECO como estaba disposto así que FINN e o seu can JAKE terán un pequeno indulto ata a próxima semana na que o faremos se o tempo acompaña.


FELIZ ENTROIDO PARA TOD@S!

14 feb. 2015

POR SAN VALENTÍN COMPARTIMOS O MAPA DO NOSO CORAZÓN

Imaxe de Carlos Cubeiro

Que son os mapas do corazón? Cómo son? Un mapa do corazón  é unha representación visual do que nos gusta ou importa. Utiliza debuxos e palabras para amosar as cousas que "viven" no noso corazón esperando a ser revelados por unha actividade de escritura. Xeralmente as ideas máis importantes van no medio e as cousas menos importantes arredor.

COMO CREAR UN MAPA DO CORAZÓN

1º PASO: Buscar unha plantilla ou crear unha propia dun corazón e imprimir varias copias. A continuación dividilo en varios espacios. O corazón ten que ter un tamaño grande para ter suficiente espazo para escribir ou debuxar as nosas ideas.

2º PASO: Dámoslle a cada alumn@ unha folla de papel para que pensen e escriban nela cales son as persoas que realmente son importantes para eles, as cousas que máis queren, as actividades que lles gusta realizar e os lugares que lles gustan ou quererían visitar.

3º PASO: A continuación plasman o que escribiron, mediante palabras ou debuxos, na silueta do corazón. Pódese dar ou non orientacións á hora de facelo. No noso caso decidimos unha cor para cada un dos apartados: verde para as cousas que nos gustan, negro para as actividades, vermello para as persoas e azul para os lugares.

Así quedaron algúns dos nosos mapas do corazón:


Una vez que rematamos de facelo, pegámolo nun folio de cor, recortámolo e o dobramos convertíndoo nun sobre que pechamos cun corazón troquelado (se queredes saber como facelo clicade AQUÍ). Pola parte de diante, escribimos o nome do amigo ou amiga co que iamos compartir o noso corazón::


Ollade que cara de contentos buscando e despois lendo cada un o mapa do corazón do amigo ou amiga que lles tocou!


FELIZ SAN VALENTÍN PARA TODOS!

Esta é a nosa cuarta aportación deste curso ao  proxecto PaLaBraS AzuLeS no que como xa sabedes todos, participamos. Clicade na imaxe se queredes ver a entrada no blog deste gran proxecto:

12 feb. 2015

UN ÚLTIMO MANDADO DO MECO

Hoxe pasou algo rarísimo. Cando estabamos todos expectantes esperando a chegada de Finn e de Jake  petaron á porta e ... OLLADE QUE COUSA MÁIS RARA :



O que entrou pola porta non era nin Finn nin Jake senón unha mestura dos dous. Que pasou? Pois nada máis e nada menos que o malvado mago Bufo, fixo das súas e coa súa variña máxica converteu a Finn e a Jake nunha soa persoa. Que podiamos facer nós?
A solución foi moi sinxela. Se queriamos que Finn e Jake volvesen ao seu aspecto normal tiñamos ... QUE FACER MOITO RUÍDOOOOOOOOO! e vaia se o fixemos:



Unha vez que todo volveu á normalidade, Jake díxonos o mandato de mañá:


Así que mañá  teremos a GRAN FESTA DO ENTROIDO e cada un terá que vir disfrazado de:

PROFESIÓNS. Non o esquezades.

E como ademais terémonos que despedir para sempre a Finn e a Jake, quixemos sacar unha foto de grupo:

11 feb. 2015

É O MÉRCORES ...

Todos e todas viñemos así de guapos e guapas con algo colorido na nosa cabeza:


E isto é o que Finn nos dixo para o XOVES:


Ui,ui, xa oíchedes rapaces, mañá todos con algo que faga ... RUÍDOOOOOOOOOOO!

10 feb. 2015

ORDES DO MECO II

Lembrades que onte Jake díxonos que tiñamos que vir todos con algo amarelo? Pois como somos moi mandadiños, así viñemos hoxe:


Como cumplimos moi ben a orde, Finn chamou ao seu can Jake para que vise o ben que o fixemos:



E a orde para mañá é:


Así que xa sabedes, rapaciños, mañá todos con algo na cabeza.

9 feb. 2015

ENTROIDO 2015: ORDES DO MECO

Estes días, as mamás e papás do ANPA estiveron moi ocupadas preparando o meco para o Entroido 2015. Todos estabamos expectantes para ver con que nos ían sorprender esta vez e o que vimos non nos defraudou. O noso MECO este ano son .... FINN e o seu can JAKE da serie HORA DE AVENTURAS. Ollade que bonitiños lles quedaron:


Así que hoxe, Jake veu pola nosa clase a dicirnos o que temos que traer mañá:



Xa sabedes, rapaces e rapazas, mañá todos CON ALGO AMARELO!!!!!

8 feb. 2015

TRES LIBROS LIM SOBRE O ENTROIDO

Xa queda moi pouquiño para o Entroido.Aquí vos deixo tres libros LIM en castelán e en galego que fixen outros anos por se a alguén lle pode resultan útiles. Están pensados para Infantil e/ou Primeiro Ciclo.


https://dl.dropbox.com/u/14722558/PLUM/plum.html



https://dl.dropbox.com/u/14722558/ENTROIDO/entroido.html


http://www.chiscos.net/almacen/lim/entroido-anam/entroido-anam.html

Podedes atopar éstes e máis recursos na pestana de ENTROIDO que hai debaixo da cabeceira do blog.

7 feb. 2015

APRENDEMOS SOBRE A RECICLAXE


A semana pasada, concretamente o xoves, tivemos a sorte de contar no cole, con dous profesionais de SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente) que viñeron a explicarnos por que debiamos de reciclar e a ensinarnos como facelo dentro da campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor".

Durante a charla lembramos que a regra dos tres R: REDUCIR, REUSAR e RECICLAR; axúdanos de maneira importante a conservar os recursos naturais, a disminuír as emisións contaminantes, a aforrar enerxía e a evitar o desperdicio. Tamén lembramos en que colector temos que reciclar cada envase:

- COLECTORES AMARELOS: Envases de plástico (envoltorios de galletas, iogures, xeles de baño,...), metálicos (latas de conserva, botes de bebidas,...) e briks (de leite, de zume,...)

- IGLÚS VERDES: aquí se depositan os envases de vidro pero non as  tapas nin os vasos que non son envases.

- COLECTORES AZUIS: son para o papel e os cartóns. Non serven as servilletas nin os panos da man porque teñen restos orgánicos e non se poden reciclar.

Estivemos todos moi atentos:



Se queredes seguir aprendendo, na páxina de SOGAMA podemos atopar xogos e outros recursos para fomentar o coidado do Medio Ambiente como:

Para INFANTIL: Xogo de asociar


Para PRIMARIA: Xogo de Secuencias




Para SECUNDARIA: Xogo de Toma de decisións


E tamén o XOGO DA RECICLAXE que podemos descargar clicando na imaxe:

4 feb. 2015

MÁIS VALE TARDE QUE NUNCA:ACTUACIÓN DE NADAL


Como máis vale tarde que nunca, antes de meternos de cheo no Entroido, queremos compartir con todos vós a nosa actuación no festival de Nadal. Temos a disculpa de que por problemas técnicos (máis que nada os nervios da profe ja ja que lle xogaron unha mala pasada) se gravaron todas as actuacións do cole menos a nosa. Menos mal que a ANPA si que a gravou e cedeúnola hai uns días. Moitísimas grazas!!!!!!!

E xa sen máis, aquí nos podedes ver, na nosa actuación, xunto cos nosos compañeiros de sexto, coa  panxoliña "HEAVY AND MERRY CHRISTMAS" incluida no CD, "Nuevos Villancicos del Mundo 3" de José Vives e que coñecimos grazas a MAESTROS UNIDOS POR LA MÚSICA. Grazas Yolanda!

2 feb. 2015

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O venres, ao igual que moitos colexios de España, celebramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Ao longo da semana cada neno e nena do centro estivo a facer un ladrillo(xa vos ensinamos os nosos nunha entrada anterior) para elaborar colectivamente un muro de Paz. E o venres, de forma simbólica, un representante de cada clase dende os máis peques aos máis grandes, pegou un ladrillo:

"CONTRUÍNDO A PAZ"



Pero iso non é todo. Ademais aproveitando que no colexio temos emisora de radio, fixemos un PROGRAMA DE RADIO especial adicado á Paz que se poido escoitar en toda Neda no dial 102.0  FM, e no que participaron todas as clases do centro con frases sobre a Paz, poemas, cancións, ... :


E continuamos reuníndonos  todos no patio facendo un círculo, cos máis pequerrechos situados no medio facendo a palabra PAZ, para cantar todos xuntos unha adaptación da  canción "ALL YOU NEED IS LOVE":


Ademais na clase...

- Pintamos unhas mandalas que atopamos na web de Orientación Andújar:


- Fixemos estas bonitas pombiñas que vimos no blogue de Patricia: FALANDO ENTÉNDESE A XENTE:


- E tamén uns bonitos debuxos sobre que é para nós a PAZ: