29 jun. 2014

FESTA DE FIN DE CURSO


Faltábanos por subir as fotos da festa de final de curso. Primero tivo lugar a exhibición dos nenos e nenas que van a actividades extraescolares polas tardes: os que van a INFORMÁTICA amosáronnos unha preciosa presentación en power point feita por eles, os que van a BRINCADOIRO, sorprendéronnos con dúas cancións que cantaron e escenificaron de xeito fantástico e os que van a clases de CANTO con Yanko, deleitáronnos cun popurrí de cancións. Aquí tedes algunha foto:


A continuación dividímonos en grupos e disfrutamos dunha gran selección de xogos populares e de auga. Foi moi divertido. En cada estación de xogos, había outro alternativo para aqueles nenos e nenas que non podían facelo. Así, todos pasamos polos seguintes xogos nos que podiamos estar durante dez minutos:

ESTACIÓN 1.- CARREIRA DE BOTELLAS e LABERINTO


ESTACIÓN 2.- AS MAZÁS e ESTAMPAR:


ESTACIÓN 3.- CARREIRA DE VASOS e XOGOS NO AREEIRO


ESTACIÓN 4.- OS BOLOS e O XOGO DA RÁ


ESTACIÓN 5.- A CORDA e MAQUILLAXE


ESTACIÓN 6.- PESCA CON CANAS e PESCA CON TRUEIS : 


ESTACIÓN 7.- CARREIRA DE GLOBOS DE AUGA e ENCESTAR A BÓLA:


E con este selo co que nos obsequia  a nosa amiga Rocío, do blogue El aula PT queremos desexarvos a todos e todas que visitades este humilde espacio:


28 jun. 2014

UN PROXECTO ENTRE TODOS: Ímonos de vacacións


Comezamos as vacacións presentando un novo blogue amigo que se incorpora ao noso proxecto. Benvida a "UN PROXECTO ENTRE TODOS"!!!! Aquí vos deixamos a nova lista actualizada para poder faceros seguidores:

Tamén nos gustaría darvos, a todos e a todas, as grazas pola gran cantidade de blogues que colaboraron durante este curso 2013-14


 Lembrarvos que todavía quedan moitas chapas por entregar. Se estades na lista que aparece a continuación só tedes que deixar un comentario nesta entrada e enviarémosvola personalizada.



Por último, informarvos que a próxima entrada de actualización, realizarémola a principios de setembro, pois decidimos tomarnos un descansiño durante o verán para recargar pilas.

MOITAS GRAZAS A TODOS


NOELIA, MIREN, ANA, FINI e MIREIA
FELICES VACACIÓNS!!!!

20 jun. 2014

ESTAMOS ... MOI CONTENTOS!!!!!


Os nenos e nenas do Centro de Educación Especial Terra de Ferrol están moi contentos e contentas porque hoxe .... COMEZAN AS VACACIÓNS!!!!!!

Non o credes? Pois ollade as súas cariñas neste precioso video que preparou a profe Mary Carmen Balado:

19 jun. 2014

REMATAMOS O PROXECTO SOBRE O CORPO HUMANO

                                                         Imaxe de Phillip Martin

A piques de rematar o curso, tamén rematamos o noso proxecto sobre o corpo humano. Aprendimos como somos por fóra e tamén como é o noso aparato locomotor: músculos, ósos e articulacións. Fixemos divertidos experimentos, xogamos co noso corpo e fixemos un dossier no que recollimos todo o aprendido.
Aquí volo deixamos por se a alguén lle pode resultar útil en vindeiros cursos:


E así nos quedou a nós:


Para non esquecer ningunha das cousiñas que aprendimos, a profe preparou este libro lim, co que practicar e lembrar sempre que queiramos:


Podedes seguir todo o noso proxecto:

- Na etiqueta PROXECTO CORPO do blogue:

http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com.es/search/label/PROXECTO%20CORPO

- No blogue do proxecto:

http://onosocorpo.blogspot.com.es/

- Ou no noso taboleiro de pinterest sobre o mesmo:

http://es.pinterest.com/anamartinezrey3/o-corpo-humano/

17 jun. 2014

GAÑAMOS O PRIMEIRO PREMIO NO CERTAME "COOPERATIVISMO NO ENSINO"


Estamos contentísimos e emocionadísimos!!!!! 

A nosa obra de teatro: "UN MUNDO MELLOR" na que colaboramos a profe Patricia, a profe Estrela e máis eu; e protagonizada por un grupo de 17 alumnos/as do colexio: Jordan, Miguel, Brais A. , Brais V, Yolanda, Ángel, Juan Marcos, Leticia, Andrea, Helena, José Ángel, Erika, Sandra, Marcos, Alfonso, Ramiro e Pablo Ezequiel, acadou o primeiro premio no Certame do Cooperativismo no Ensino. O vindeiro sábado cinco de xullo, iremos ao centro ÁGORA na Coruña a recoller o noso premio.

Aquí vos deixamos a obra para que vexades o ben que o fixemos:

15 jun. 2014

QUE BEN O PASAMOS NOS KARTS!


O venres pola mañá, grazas a Rita, a profe de Educación Física, fomos invitados á Malata a montar nos karts que alí había. Pasámolo moi ben ainda que era un pouquiño difícil conducilos. Menos mal que os monitores botámonos unha manciña que senón ... Ollade, ollade,..



QUE DIVERTIDO!

13 jun. 2014

EXCURSIÓNS DE FIN DE CURSO


Onte, baixo un sol abrasador, fixemos a excursión de fin de curso.

- Por unha banda, os nosos compañeiros do CICLO I, foron á praia de Cabañas onde disfrutaron do precioso paseo e do fantástico parque que alí hai. Ollade algunhas das fotos. Para velas a pantalla completa hai que clicar abaixo á dereita:



- E pola outra, nós, o CICLO II , fomos ao Castelo de San Felipe, unha antiga fortaleza militar na boca da ría de Ferrol. Fronte a este castelo, na outra beira da ría, en Mugardos, atópase o Castelo da Palma. Sabíades que entre estos dous castelos, tendíase unha grosa cadea no mar que impedia a entrada dos barcos enemigos á ría de Ferrol? Se queredes ver as fotos en pantalla completa tedes que clicar abaixo á dereita:


11 jun. 2014

AS ARTICULACIÓNS


Agora que xa coñecemos os ÓSOS e os MÚSCULOS, tocounos o turno de falar das ARTICULACIÓNS. Averiguamos que os ósos están unidos os uns aos outros, que a zona onde se unen chámase ARTICULACIÓN e que se non  tivésemos articulacións o noso corpo non se podería MOVER nin DOBRAR

Para probalo por nós mesmos, collemos os brazaletes que utilizamos para a nosa actuación de nadal e colocámolos nos XEONLLOS, nos CÓBADOS e no PESCOZO. Descubrimos que así era dificilísimo andar, dobrar os brazos ou xirar a cabeza:


Aprendimos o nome dalgunhas articulacións e para que nos servían como os OMBROS (para subir os brazos), os CÓBADOS (para dobralos), os PULSOS (para dobrar a man), o PESCOZO (para xirar á cabeza), a CINTURA (para dobrar o tronco), os XEONLLOS (para dobrar as pernas) e os NOCELLOS (para dobrar os pés).

Practicamos os nomes das articulacións,

1º Co moneco articulado que temos na clase:


2º E despois con esta moneca que fixemos entre todos utilizando  tubos de cartón de papel de cociña, de papel hixiénico e cartón:


Quixemos ter o noso propio moneco articulado  e para iso utilizamos esta plantilla da estupenda web ACTILUDIS:

clicade na imaxe

E así de bonitos nos quedaron:


Ademais fixemos esta ficha para afianzar todo o aprendido:


E utilizamos algúns destes recursos que vos deixamos por se vos poden resultar útiles:






10 jun. 2014

DISFRUTAMOS CO GRUPO DE TEATRO GHAZAFELHOS


A semana pasada fomos ao teatro Jofre a ver a obra "CONTOS PARA ESCAGARRIÑARSE DE RISA" do grupo GHAZAFELHOS. Alí contáronnos tres contos: "A CABRA MONTESINA","AS LAVANDEIRAS" e "A SANTA COMPAÑA" cos que nos partimos de risa.

En YouTube hai este extracto da obra no que podedes ver o divertido que é:


E hoxe tivemos a gran sorte de que viñesen ao noso cole a representarnos a obra: "O PAÍS DOS MANDÓNS", obra inspirada no libro do mesmo título de Paloma Rodríguez e Cristina Justo, que fala da IGUALDADE e do REPARTO DE TAREFAS. Pasámolo fenomenal:

Clicade na imaxe

Aquí podedes ver un pequeno trociño da obra:

video

8 jun. 2014

DIPLOMA PaLaBraS AzuLeS

Como xa todos sabedes, este ano participei xunto con máis de cen profesores de toda España, grandes profesionais todos eles e dos que aprendín moito, no proxecto PaLaBraS AzuLeS, un proxecto colaborativo co obxetivo de crear, recoller, ampliar, organizar e compartir recursos propios ou adaptados CON ou SIN TIC. Este proxecto ademais, persegue que o noso alumnado disfrute do pracer da escritura, trata de fomentar a creatividade nas nosas aulas, establecer relacións de colaboración online e fomentar e dar a coñecer distintas ferramentas 2.0.

Pois ben,  hoxe recibín con gran sorpresa este precioso DIPLOMA que acredita a miña participación no proxecto.

Moitísimas grazas a Ana Galindo, Jorge Torrente e Salomé Recio, coordinadores do proxecto por deixarme participar nel e por este xenial diploma:


Si clicades na imaxe poderedes acceder as miñas entradas no proxecto.

7 jun. 2014

UN PROXECTO ENTRE TODOS: Chapa á colaboración

Este curso 2013/14 outra vez será un ano inolvidable para todas nós, pola continuidade que tivo UN PROXECTO ENTRE TODOS:

93 temas clasificados no noso SITES
187 blogues participantes
98 blogues colaboraron activamente este curso

E de novo gustaríanos compartir a nosa satisfación con todos os blogues que participaron dun xeito activo na recopilación de recursos no noso SITES, é dicir, con todos os blogues que colaboraron aportando un enlace, ainda que sexa un único enlace, aos blogues que pediron axuda.

A  todos estes blogues, gustaríanos facerlles entrega de:

A CHAPA Á COLABORACIÓN


Esta é a lista de blogues que participaron activamente neste proxecto (si participaches aportando algún enlace e non apareces na lista, déixanos o enlace da entrada na que fixeches o comentario, aquí mesmo, e con moito gusto, engadirémoste á lista, posto que son moitas entradas e enlaces e se nos poido pasar algún).





Se o teu blogue aprarece nesta lista e queres que te enviemos A TÚA CHAPA PERSONALIZADA, deixa un comentario nesta entrada ou envía unha mensaxe a unproyectoentretodos@gmail.com e mandarémoscha nuns días.

Ainda que acaba o curso escolar, UN PROXECTO ENTRE TODOS continúa en funcionamento durante o verán, pois hai blogues colaboradores doutros países que poden necesitar a nosa axuda. Animámosvos a continuar compartiendo de xeito desinteresado como fixemos ata agora.

Por último, dámoslle a benvida a Marta, Fátima e Conchita que se incorporan este mes de xuño, BENVIDAS!!!!!! e deixámosvos a lista de blogues amigos actualizada:


MOITAS GRAZAS A TOD@S
NOELIA, MIREN, ANA, FINI E MIREIA



5 jun. 2014

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


Hoxe celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente co fin de fomentar a sensibilización mundial sobre o Medio Ambiente e promover a atención e acción política ao respecto. O lema ete ano é "ALZA A TÚA VOZ, NON O NIVEL DO MAR", unha campaña para poñer atención na necesidade urxente de protexer illas e pequenos estados peninsulares dos riscos e desafíos aos que fan frente como consecuencia do cambio climático.
No noso cole somos moi conscientes do importante que é a conservación  do Medio Ambiente e procuramos contribuir ao coidado con pequenos xestos como reciclar, plantar, ... Para que vexades algunha das cousiñas que facemos, vos deixamos este video:



Para xogar e aprender moitas cousas sobre o Medio Ambiente, podedes visitar a páxina de medio ambiente para nenos de La Rioja:


FELIZ DÍA A TOD@S!!!

4 jun. 2014

O CALCIO E OS ÓSOS: REMATANDO O ESTUDO DO ESQUELETO


Agora que xa sabemos como son os ósos, que tipos hai, o nome dalgúns ósos do noso esqueleto así como a súa utilidade, comprobamos por que o CALCIO é tan importante para que os nosos ósos medren sans e fortes.
Para comprobalo, a semana pasada comezamos un experimento que onte chegou ao seu fin. Esto é o que fixemos e comprobamos:


Despois disto, quedounos moi clariño que na nosa DIETA non poden faltar alimentos ricos en calcio como LEITE, QUEIXO, IOGURES,...
Na seguinte  infografía de EROSKI CONSUMER podemos ver que alimentos son ricos en calcio e cales favorecen a súa absorción:

Clica na imaxe

E xa para rematar cos ósos e o esqueleto, que mellor xeito de facelo que cunha canción onde ademais podemos repasar os músculos:


E facendo este puzzle do esqueleto: