27 sept. 2013

OBSERVAMOS O OUTONO

Esta semana empezamos a traballar a unidade didáctica do outono utilizando as fichas e algúns dos recursos que compartimos na entrada anterior. No noso corredor, empeza a tomar forma a árbore do outono que xa vos amosaremos cando a rematemos e onte aproveitando o bo tempo, saimos ao patio a observar os cambios que se producen nesta nova estación e a buscar follas coas que ambientar a nosa clase, e menos mal que o fixemos onte porque hoxe xa choveu a chuzos. Son as cousas do outono!


Nun dos blogues que visito (síntoo pero agora mesmo non lembro en cal, se alguén o sabe agradecería que mo dixese para poñer o enlace), atopei este fermoso video no que sen palabras se narra a historia de amor entre una FOLLA DE OUTONO e unha LANDRA. Gustoume un montón por iso desexo compartilo aquí convosco:



PD. Xa lembro onde vin o video. Nos recursos de outono que comparte con nós Anna, do blogue PETIT MÓN, un gran blogue que non debedes deixar de visitar.

BOA FINDE!!!!!!

23 sept. 2013

PARA TRABALLAR O OUTONO

Esta fin de semana entramos nunha nova estación: O Outono. Durante este trimestre, traballaremos os cambios que se producen no noso entorno coa chegada do Outono, a roupa que usamos, o comportamento dos animais nesta época do ano, a caída das follas, a chuvia, o vento ,...

Para iso utilizaremos tanto na PDI como no ordenador de clase, este libro lim que preparei adaptado ao seu nivel tanto en castelán como en galego (se clicades arriba á dereita poderedes velo a pantalla completa):

http://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/outono/outono.html

E tamén botaremos man, dalgún destes  recursos que utilizamos en anos anteriores:


Deste estupendo Symbaloo de Elena, do blogue EN EL AULA DE APOYO:


E destes xeniais recursos que podemos atopar no blogue da miña amiga Dolores, AUDICIÓN E LINGUAXE:



MOI FELIZ OUTONO PARA TOD@S!

19 sept. 2013

POESÍA CON RECORTES: 1ª Colaboración no Proxecto PaLaBraS AzuLeS

Lembrades que vos dixemos que este ano participabamos nun gran proxecto chamado PaLaBraS AzuLeS que trata de fomentar a escritura creativa nos rapaces e no que nos comprometiamos a publicar polo menos unha entrada ao mes no blogue do proxecto? Pois ben onte publicouse a nosa primeira entrada no proxecto:
Aquí podedes vela en galego:
Ana Martínez Rey
@anamartinezrey
Internivelar

Quen dixo que non xornais e revistas non hai poesía? 
Para facer esta actividade só necesitamos xornais ou revistas vellas, pegamento e unhas tesoiras.

Ilustración de Catrin Welz Stein

DESENVOLVEMENTO

  1. Primeiro recortamos os titulares, subtítulos e todas aquelas palabras que nos gusten.
  2. A continuación lle damos a cada neno unha folla en branco para que eles mesmos vaian pegando, ao su gusto, palabra a palabra ata crear a súa propia poesía.
  3. Os nenos que todavía non saiban ler, faranno con axuda.
  4. Para rematar, xa só nos queda inventarlle un título.

SUXERENCIAS

Podemos escanealas todas e crear un libro facendo a portada con algún programa como LETTERPLAYGROUNDSTRIX ou  BLOGOSCOPED.

Así de bonitas nos quedaron a nós hai tres anos:



E no blogue do proxecto , podedes ver ademais da mesma entrada en castelán ,  outras moitas que vos axudarán a traballar a escritura creativa nas vosas aulas.  Clicade na imaxe para acceder ao blogue:


18 sept. 2013

ASÍ SOMOS

 Este curso, na  clase somos cinco rapaces: Dani, Javi, Kevin, Martín e Juan Marcos, con idades comprendidas entre os trece  e os dezaoito anos . Ollade que guapísimos somos:

(Lamentablemente temos que taparlle a cara a Martín porque acabános de chegar unha carta da Xunta coa que nos prohiben fotografialo)

Estes días estivemos coñecéndonos, xogando e traballando un chisquiño para que a profe saiba todo o que somos capaces de facer. Aquí vos deixamos unha pequena mostra de todo o que fixemos ata o de agora:



E con este fantástico trevo de catro follas cos nosos nomes (seredes quen de atopalos todos?) queremos desexarvos moitísima sorte no novo curso:

15 sept. 2013

PREMIOS EDUTECA 2013


Este pasado mércores, falláronse os premios Eduteca 2013. Estes premios creados por Óscar Alonso do blogue LA EDUTECA (un fantástico blogue de recursos que este ano recibiu a Buxaina de Oro no Premio Espiral Edublogs pola calidade e cantidade de recursos que comparte, tanto propios como alleos e que vos invito a visitar) teñen por finalidade " recoñecer o esforzo, a ilusión e o traballo de moitos docentes dentro da rede".

Imaxinade a gran alegría que levamos, cando nos enteramos que ...

1º O noso blogue AULATIC gañou quedou gañador na categoría de Blogues de Profesores e Profesoras:


2º Que o noso Proxecto: "UN PROXECTO ENTRE TODOS" e cando digo noso, refírome aos case 200 blogues que formamos parte del, acadaba a Mazá de Bronce:






3º Que a miña compañeira e amiga Miren do blogue LA CLASE DE MIREN, alzábase nada máis e nada menos que coa Mazá Dourada:





4º) E que outros moitos blogues amigos de AulaTic, tamén acadaban premios: como Joel, do blogue Educació i les Tic que se alzou coa Mazá Prateada ; Teresa do blogue Mi cole , mi pequeño mundo, que gañou na categoría de Educación Infantil ; Espe do blogue El Blog de Espe, que gañou na categoría de blogues de Inglés e Elena do blog En el aula de Apoyo, que gañou na categoría de blogues de PT e AL.

Se queredes consultar a lista de premiados, clicade na imaxe:


Dende aquí, quero darlle a miña máis sinceira noraboa, non só aos blogues que acadaron premio,  senón a todos os blogues participantes que para mi tamén son gañadores pola gran calidade dos seus blogues e por todo o traballo que hai detrás deles.

E xa para rematar, moitísimas grazas a Óscar, por crear os premios, considerarnos merecedores de un e ademáis darme a oportunidade de coñecer moi bos blogues que non coñecía.



11 sept. 2013

SABEDES QUE...

Create your own Animation

Parece mentira, pero xa hai tres anos que este blogue abriu as súas portas. Ainda que non son moi amiga das cifras, dicir que todavía non asimilo os 261 seguidores que van medrando pouquiño a poco, as máis de 100.000 visitas e sobretodo o que me ten máis abraiada son os 8197 comentarios que teñen as 360 entradas do  blogue. Moitísimas grazas a todos os que nos visitades e vos tomades a molestia de deixar un comentario. Porque coma sempre dicimos...

UN BLOGUE SE ALIMENTA DOS VOSOS COMENTARIOS



7 sept. 2013

UN PROXECTO ENTRE TODOS: "Polos 200"


Este grupo de blogueiras:

Ana (AulaTic)
Mireia (Món Infantil)
Noelia (Mi cole al día)

Agradecémosvos a acollida que dende o principio tivo este proxecto e que se reflicte nestas cifras:


Hai máis ou menos 1 ANO e 7 MESES, presentabamos UN PROXECTO ENTRE TODOS, un proxecto de colaboración entre blogues amigos para a recopilación de materiais, recursos, etc... A verdade é que non podiamos pensar, nin por asomo, mentras estabamos organizando esta aventura, que tantos blogues sumaríavos a este proxecto.

Formamos un equipo de 154 blogues!!

Aquí vos deixamos a lista de blogues participantes actualizada para que coñezades aos novos blogues incorporados. BENVIDOS!!


Invitámosvos a participar neste proxecto, lembrando as instruccións de funcionamento, para que vos animades. Só debedes deixar un comentario nesta mesma entrada co voso mail e URL do blogue co que queredes participar e nos poñeremos en contacto o antes posible.


INSTRUCCIÓNS XERAIS

Para participar utilizamos dous selos:

* Primeiro selo: engádese ao blogue (en forma de gadget) e indica que formas parte deste novo grupo.


* Segundo selo: cando imos comezar un proxecto, realizamos unha entrada indicando o tema do proxecto e engadimos este selo. É un sinal de inicio na colaboración. A persoa que teña material que poida aportar, pode facer un comentario nesta entrada, enlazando direccións de interese. Deste xeito, nos falicitamos entre todos a búsqueda.

Por último, presentámosvos...

O SITES de UN PROXECTO ENTRE TODOS

Poderiamos definilo como un "espazo" cómo e práctico ao que poder acudir en calquer momento, para recuperar todos os recursos que se están a acumular e poder utilizalos. Así de sinxelo, simplemente é un "GRAN ARQUIVADOR" onde recurrir cando estemos a preparar algún proxecto, sin necesidade de ter que facer nada máis.

Nel atoparedes polo tanto:

* Os diferentes proxectos plantexados
* Todas as ligazóns proporcionadas polos blogues colaboradores
* As normas de funcionamento de "Un proxecto entre todos"
* Os selos de participación do proxecto
* O equipo de 5 blogues organizadores
* As direccións de email para contactar cos blogues organizadores por si xorde algún problema ou tedes algunha dúbida.

A medida que o proxecto vaia avanzando, iremos actualizando o sites cos novos proxectos, ligazóns e novedades que vaian xurdindo. E como sempre, MOITAS GRAZAS!! pola vosa colaboración e participación.

BENVID@S AO CURSO 2013-2014!!! 




3 sept. 2013

CALENDARIO ESCOLAR 2013/14

Éste é o calendario escolar vixente en Galicia para este novo curso que comeza:
Imaxe de Phillip Martin

Podedes consultar a orde clicando AQUÍ