22 ago. 2013

OS MEUS GLOGSTERS

Para ter máis a man todos os  GLOGSTERS que fixen ata o de agora, preséntovos este SYMBALOO que colocarei na sidebar do blog:


Como moitos de vós, xa sabedes, os GLOGSTERS son carteis ou pósteres interactivos nos que podemos engadir fotos, música, videos, ... que resultan moi atractivos para os nosos alumnos.
Déixovos este tutorial por si alguén quere animarse a facer un:

18 ago. 2013

Proxecto: PaLaBraS AzuLeS"


Este vindeiro curso, ainda que todavía non sei a clase que me tocará, participaremos no proxecto: "PaLaBraS AzuLeS" coordinado por Ana Galindo, Francho Lafuente, Jorge Torrente e Silvia González.
 Trátase tal e como eles din, "dun proxecto colaborativo cuio obxectivo principal é crear, recoller, ampliar, organizar e compartir recursos propios ou adaptados así como secuencias didácticas completas de profesionais da educación, preocupados na mellora da expresión escrita para conseguir que o noso alumnado disfrute do placer da excritura como expresión e comunicación; fomentar a creatividade dentro da aula así como fomentar e dar a coñecer as ferramentas 2.0 disponibles na rede para a creación literaria e a aprendizaxe dixital".
Neste proxecto podemos adquirir distintos niveis de compromiso:

- Nivel 1:  Colaboración Puntual

- Nivel 2: Publicación Mensual

- Nivel 3:  Publicación Mensual en el blog y en el website (secuencias didácticas).

Nós nos apuntamos no nivel 2, co que cada mes publicaremos unha entrada no blog do proxecto:


O prazo de inscripción para apuntarse remata o 13 de setembro así que ainda estades a tempo de facelo.
Podedes consultar o proxecto en:

14 ago. 2013

ESTAMOS DE VOLTA!

Despois de case mes e medio desconectada de todo do blog, hoxe volvemos coas pilas ben cargadas e  cuns "lixeiriños" cambios na nosa plantilla que esperemos que vos gusten.

Aproveito para deixarvos o enlace ao Especial de Verán de Wikisaber onde podedes atopar recursos, actividades, eventos e xogos para estudiantes de todas as edades.