31 mar 2013

SAÍMOS NO XORNAL!!!!

Hoxe recibín un correo de Paulino Gasalla, da Sociedade de Historia Natural onde me dicía que ollara o xornal DIARIO DE FERROL porque fixera un artigo no que saíamos.
Cando lin o artigo, levei unha agradable sorpresa xa que nel fai referencia a todo o noso traballo sobre o espazo: os cohetes, o Big Bang, o reloxo solar, os disfraces, os murais,... incluso aparece a dirección ao noso BLOG DO ESPAZO!!!!!
Dende aquí quero darlle as grazas a Paulino polo seu artigo e espero que veña a visitarnos o próximo curso para rematar esa ollada a Lúa que temos pendente.
Aquí vos deixo o artigo. Si queredes velo máis grande, clicade na imaxe:


29 mar 2013

ILUSTRANDO POESÍAS


Un ano máis participamos no concurso de "POESÍA E IMAXE" que cada ano organiza o concello de Ferrol en colaboración coas Equipas de Normalización Lingüística. Por iso a semana pasada estivemos mirando todas as poesías que formaban parte do concurso, eleximos as catro que máis nos gustaban e fixemos uns preciosos debuxos para ilustralas.
Estas son as poesías que eleximos e ilustramos. Si clicas no cadrado poderás velas a tamaño máis grande:



O ano pasado no nose cole gañaron Rubén do PCPI e Leticia. Estes días tivemos a sorte de contar no cole coa exposición de todos os debuxos gañadores do ano pasado, así que cando fomos a velos aproveitamos para sacar unha foto debaixo do debuxo gañador de Leti:


26 mar 2013

PINTANDO GALAXIAS



Despois de falar do Big Bang e antes de comezar a nosa viaxe polos planetas do Sistema Solar e pola Lúa, estivemos a falar das Galaxias. Vimos que as Galaxias son grandes coleccións de pó, estrelas e gas; que hai moitas galaxias e con distintas formas: espirais, elípticas, irregulares,... ; que a nosa galaxía chámase Vía Láctea  e que se a miramos dende arriba ten forma de espiral. Para lembranos do aprendido fixemos esta ficha:


E despois de ver varias imaxes de galaxias,decidimos pintar a nosa propia. Con que as podiamos pintar? Queriamos facer algo orixinal así que ... por que non pintar con pompas de xabón? Trouxemos pomperos, mercamos colorantes alimentarios e...


25 mar 2013

ÚLTIMA MANUALIDADE DE INVERNO


A pesar de que xa empezou a primavera (ainda que polo tempo non se note nadiña, je,je) queremos amosarvos a última das nosas manualidades de inverno. Xa sabedes que nos gusta moito reciclar por iso para facelo utilizamos ... CAIXAS DE CARTÓN DE OVOS. Esperamos que vos gusten:

23 mar 2013

APAGA A LUZ, ACENDE O PLANETA 2013


Esta noite, entre as 20:30 e as 21:30 terá lugar a HORA DO PLANETA 2013. Ás 20:30 apagaranse as luces de miles de edificios emblemáticos de todo o mundo. En España ... O Acueducto de Segovia, a Praza Maior de Salamanca, a Mezquita de Córdoba, as Murallas de Ávila e Lugo., ... e moitos máis.
Con esta iniciativa WWF pretende reclamar que se tomen medidas para protexer o  noso planeta, controlando as emisións de CO2 para así frear o impacto do cambio climático.
Pola tarde, celebraranse actividades lúdicas en varias cidades españolas. Si queredes consultar as da vosa cidade clicade na imaxe:



Na HORA DE LOS PEQUES, podedes encontrar interesantes e entretidas actividades para facer cos máis pequenos da casa  como ...


E para rematar, vos deixamos con este marchoso video da campaña do 2011 de Juan D e Beatriz con La Ciudad Arcoiris:



Na convocatoria do ano pasado, participaron máis de mil millóns de persoas. 

E TI, SÚMASTE A ESTA INICIATIVA?

22 mar 2013

DAMOS POR FINALIZADO O SEGUNDO TRIMESTRE



Hoxe rematamos o segundo trimestre do curso, e dado que é o DÍA DA AUGA que mellor xeito de facelo que falando da auga e do seu uso responsable. Grazas a un libriño de José Miguel de la Rosa, que atopamos no seu blog  ACTILUDIS (ao que lle borramos o texto para poder facelo en galego) aprendimos e lembramos todo o que podemos facer para aforrar auga como ... ducharnos en vez de bañarnos, pechar a billa cando nos lavamos os dentes, aproveitar a auga de lavar a froita e a verdura para outras cousas como lavar o coche, poñer a lavadora e o lavalouzas só cando estea cheo, arregrar as billas que gotean ,...
Mirade como o fixemos:


Si clicades na imaxe podedes acceder ao libro en castelán da páxina de Actiludis:



Tamén rematamos as nosas GALIÑAS DE PASCUA que atopamos na páxina de KROKOTAK, grazas a Blanca do blog Actividades para Educación Infantil. Tan só nos faltaba meter o ovo dentro e ...


MOI FELICES VACACIÓNS DE PASCUA PARA TOD@S!

21 mar 2013

O DÍA DA POESÍA E GLORIA FUERTES



Hoxe celebramos na nosa clase o Día da Poesía e coma non, a figura central desta celebración, aproveitando que participamos no libro virtual, foi a gran poetisa,  Gloria Fuertes.
Antes do recreo, limos algunhas das súas poesías relacionadas coa primavera, e cada un de nós ilustrou unha.
Estas son as poesías que limos:


E así de bonitas as ilustramos:

Despois do recreo, e seguindo unha idea de InnovArte Educación Infantil, cada un de nós escribiu a súa poesía en forma de caracol, nuha folla de papel tamaño A3 que previamente estampamos con témperas de distintas cores. Despois a recortamos e enroscamos como se fose unha flor. Mirade que chulis nos quedaron:



<

20 mar 2013

CHEGOU A PRIMAVERA!!!!!!!

Cambiamos de estación e a ver si tamén de tempo porque xa estamos aburridos de tanta chuvia e frío. Desde AulaTic queremos desexarvos a todos e todas os que nos visitades e seguides unha ...



E para ir preparando a Unidade Didáctica da Primavera, que comezaremos despois das vacacións de Semana Santa, estamos a recopilar distintos recursos, tanto propios como de outros blogs amigos.  Clicade na imaxe para acceder aos que temos polo de agora:



17 mar 2013

A PASCUA ESTÁ Á VOLTA DA ESQUINA


Case sen darnos conta xa  estamos a rematar o segundo trimestre e virán as vacacións de Pascua. Para traballar durante esta última semana do trimestre, preparei estas fichiñas en galego e en castelán:

* EN GALEGO:



* EN CASTELÁN:

E este GLOGSTER con xogos de Pascua (clicade nos ovos e nos coellos para atopar os enlaces aos 10 xogos):


Para os que non podedes ver ben o glogster, clicade nesta imaxe:




Estes e máis recursos podedes atopalos no seguinte enlace:

PREMEDE NA IMAXE

16 mar 2013

DESPEDÍMONOS DA LÚA


Para rematar unha gran semana na LÚA, que mellor xeito que ...

- CUNHA POESÍA sobre as Fases Lunares, que copiamos, ilustramos e por suposto recitamos:




- CUN CONTO: "A QUE SABE A LÚA?" que escoitamos e vimos na aula de informática . Despois aproveitamos que estabamos alí para facer as actividades do libro LIM sobre o conto que fixen xa hai algúns anos xunto coa miña compi Rosa Grille á que quero mandarlle desde aquí unha agarimosa aperta:


O conto na porta do  noso armario

O LIBRO LIM

http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/AQUESABEALUA/aquesabealua.html


Aquí vos deixamos algunha das fotos:





- E con este fermoso e fantástico corto de Disney-Pixar que non nos dou tempo a velo no cole , así que volo deixo aquí para que o poidades disfrutar: 



AGORA SI, DEIXAMOS ESTE SATÉLITE, CUNHAS FEMOSAS IMAXES SOBRE O MESMO:

CLICA NA IMAXE

Con esta imaxe de Iago mirando a Lúa. polo telescopio que nos  trouxo ao colexio, Paulino Gasalla da Sociedade de Historia Natural



E con este enlace onde podedes atopar distintos recursos sobre a LÚA:


14 mar 2013

A LÚA II



A voltas coa Lúa tamén descubrimos que a Lúa non está quieta senón que se move arredor da Terra e sobre si mesma, tardando 28 días en dar unha volta completa á Terra. e que non sempre a vemos igual dependendo de como estea situada con respecto ao Sol e a Terra. Iso se chaman FASES LUNARES. Fixemos un debuxo no encerado ...


Pegamos unhas imaxes das fases lunares ...


Vimos o CALENDARIO LUNAR para este mes de marzo e descubrimos que onte houbo Lúa Nova e que a partires de hoxe empezará a Lúa Crecente:


Para PODER consultar as LÚAS de todos os meses, deixamos este gadget:



E estoutro por se queredes ver como están a  Terra e a Lúa nestes intres , en tempo real:



Para que nos quedara ben clariño o das Fases Lunares,  fixemos unha Caixa Lunar (que vimos no blog de Cati, LOS PEQUES DE MI COLE, para ver en directo as fases da Lúa. Pintamos unha caixa de negro por dentro e por fora, na parte de arriba penduramos unha bola de porespán dun cordón negro á que previamente fixemos uns cráteres con ceras e pintamos de cor grisáceo:


Cando a rematamos, lle colocamos unha linterna e ... A MIRAR!!!!!!QUE CHULI!!!!!!


Unha vez que o tiñamos ben clariño, decidimos facer as fases da Lúa con ... GALLETAS OREO!!! Que riquísimas estaban!


Ademais, para poder practicar na casa fixemos uns sobres lunares. Aquí vos deixamos algunhas imaxes que subimos a  SLIDE TALK, unha nova ferramenta que utilizamos por primeira vez que nos permite subir presentacións de power point, elexir unha voz para que narre a presentación e ademáis a convirte nun video que directamente sube a Youtube. O único inconvinte é que para a versión gratuita hai límite de presentacións a subir, je,je:


Xa para rematar plasmamos algunhas das cousas que aprendimos nestas dúas fichas:



Todavía fixemos algunha cousiña máis sobre a Lúa pero iso ... contarémolo noutra entrada que esta xa vai longa dabondo.

12 mar 2013

ALUNIZAXE: PARTE I


Fonte: PHILIP MARTIN FREE CLIPART

Onte, iniciamos o noso paseo espacial pola LÚA. Aprendimos que a Lúa é o satélite da Terra, que é redonda e de cor gris, que coma todos os satélites, non ten nin luz ni calor e a vemos porque reflicte a luz do Sol, e ademáis vimos que toda a súa superficie está chea de cráteres:
.


Tiñamos curiosidade por saber como se formaron eses cráteres, así que investigamos, buscamos e atopamos este video:

   

 A continuación quixemos probalo por nós mesmos. Só saen as fotos das mans dos nenos porque era moi difícil aguantar o metro e sacar fotos ao mesmo tempo, je,je :

Tamén quixemos facer unha Lúa. Para iso utilizamos 1/2 taza de cola blanca e unha taza e 1/2 de espuma de afeitar:



E para mañá ... AS FASES DA LÚA

7 mar 2013

OS PLANETAS DO SISTEMA SOLAR


Ao longo da semana pasada e parte desta, estivemos traballando os planetas. Descubrimos que ao redor do Sol, xiran oito planetas; que os seus nomes son: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno; que se clasifican en planetas menores e maiores; que Mercurio está cheo de cráteres de meteoritos, que Venus é o planeta máis brillante, que a Terra é o noso fogar, que Marte chámase tamén Planeta Vermello pola súa cor, que Xúpiter é o planeta máis grande de todos, que Saturno é famoso polos seus aneis, que Urano é o único planeta que xira do revés, que Neptuno é o planeta máis lonxano do Sol e que nel vai moito frío, que ... E UN MONTÓN DE COUSIÑAS MÁIS.
Para afianzar todo o que aprendimos, fixemos estas fichas:



Despois de ver como eran, cal era o seu tamaño, a súa cor ... fixemos os oito planetas para colocar no noso mural do proxecto. Para facelos utilizamos cartulinas con círculos de distintos tamaños, témperas e papel hixiénico para dar volume:



Antes de colocalos no noso mural, aproveitamos para clasificalos por tamaños: de menor a maior, de maior a menor, en planetas menores e maiores ,...


Agora xa forman parte do noso recuncho espacial:


Como non queriamos olvidarnos de nadiña do que aprendimos sobre os planetas, fixemos esta RODA PLANETARIA  ( fonte: ENCHANTEDLEARNING.COM), con debuxos dos planetas e as súas principais características:


Esta é a plantilla que utilizamos:


Tamén  preparamos esta presentación con todo o que lembrabamos sobre o Sistema Solar:


Ademáis, durante  todos estes días vimos diferentes animacións e presentacións sobre os Planetas e o Sistema Solar, cantamos cancións, xogamos, ... Podedes atopar algúns dos recursos que utilizamos e outros máis, clicando nas dúas imaxes ou accedendo ao noso blog do proxecto: RUMBO AO ESPAZO

http://rumboaoespazo.blogspot.com.es/p/planetas.html

http://rumboaoespazo.blogspot.com.es/p/sistema-solar.html

E continuando coa nosa viaxe espacial, a semana que vén chegaremos ... Á  LÚA.

4 mar 2013

TRABALLANDO A COEDUCACIÓN


Este venres día 8 celébrase o Día da Muller Traballadora. Porque cremos que o mellor xeito de acadar a IGUALDADE entre homes e mulleres en todos os ámbitos, e traballar dende a casa e o cole por unha educación non sexista e igualitaria, o ano pasado traballamos un poema de Carmen Gil, da páxina POEMITAS.COM, apartado de COEDUCACIÓN que se titula: "POEMITAS DIVERTIDOS" co que fixemos este libro LIM:



http://dl.dropbox.com/u/14722558/COEDUCACION/coeducacion.html

Como aos meus alumnos lles gustou tanto, esta semana imos traballar con estoutro poema de Carmen Gil : "EL  TRAJÍN DE LA BRUJA PANDORA" que ademais de estar na páxina de POEMITAS, está incluido no seu libro COEDUCACIÓN EN EL COLE que mercamos estes días.




https://dl.dropbox.com/u/14722558/pandora/pandora.html

2 mar 2013

UN PROXECTO ENTRE TODOS: Un mes de moitas incorporacións


Este mes temos un montón de incorporacións a UN PROXECTO ENTRE TODOS, nada máis e nada menos que 9 NOVOS BLOGUES que queren unirse a todos nós. BENVIDOS!!
Aquí vos deixamos a lista actualizada que xa suma 132 BLOGS:



Ademáis nesta ocasión, gustaríanos facer noso un lema que hai pouco unha persoa deixou nun dos nosos blogues como comentario:

"COMPARTIR NON É COPIAR"

Somos un proxecto coa finalidade principal de compartir, pero vos pedimos encarecidamente que non olvidedes cando utilicedes os recursos recopilados no SITES, ou que vos deixan  nas vosas entradas de axuda, deixar (sempre que sexa posible) constancia do nome do creador ou creadora de dito recurso. Non nos olvidemos de valorar e respetar o tempo de preparación e realización empregado polos compañeiros.

Como sempre, vos lembramos a todos que no SITES de UN PROXECTO ENTRE TODOS podedes encontrar todos os enlaces de axuda recopilados (ata agora), filtrados e organizados...


https://sites.google.com/site/unproyectoentretodos/

E finalmente e coma sempre dicimos:

MOITAS GRAZAS POR TODO.