30 ene 2013

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ


Hoxe celebramos o Día da Paz no cole por todo o alto. As 11:30 reunímonos todos no salón de actos e alí algúns alumnos do PCPI, nos leron unhas preciosas poesías de Celso Emilio Ferreiro e de Gloria Fuertes que falaban da PAZ.


A continuación vimos o noso conto: "LA AVESTRUZ TROGLODITA" que xa vos puxemos nunha entrada anterior. Se queredes volver a velo clicade na imaxe:


Despois do conto, as profes tíñannos preparada unha gran sorpresa: Un video coas nosas fotos facendo as letras do ABECEDARIO e  coas nosas voces, pero non un abecedario calquera, non, non, era o NOSO ABECEDARIO DA PAZ . A idea saqueina dun blogue que visito a miúdo o das profes de   O BLOGUE DE COKIÑA, non dubidedes en visitalo (tédesme que perdoar profes coas présas olvidárame de dicilo)


CANTO NOS GUSTOU!!!!!!!

A continuación separamos as cadeiras e deixamos un oco no centro do Salón de Actos. Alí todos collidos das mans fixemos unha roda escoitando a cantiga  "QUE VIVAN A PAZ E AMOR!" . Ao seu remate, todos lanzamos ao centro do círculo os AVIÓNS DA PAZ que fixemos nas clases e cada un recolleu o avión de outro rapaz ou rapaza do cole:



Esta é a plantilla que utilizamos para facer os nosos avións con MENSAXES DE PAZ. Dende aquí quero darlle as grazas a unha excompañeira CONCHI que foi a que me proporcionou dita plantilla:


E como colofón de tan fantástica festa, non podía faltar ... UNHA GRAN CHOCOLATADA CON CHURROS!!!!!! UHMMMMMMM, QUE RICOS!!!!!!!!!




MOI FELIZ DÍA DA PAZ!!!!!!!!!

27 ene 2013

POMBAS DA PAZ

Como xa todos sabedes ,este mércores celebrarase o día escolar da Paz e a Non Violencia. Para ese día estivemos a facer na clase unhas fermosas pombas da paz. Pero non unhas pombiñas calquera, non, as nosas Pombas ... MOVEN AS SÚAS ÁS! A idea vímola no blogue de María, DUEÑOS DE ESTRELLAS, que nunha entrada compartía con todos nós un video de Ana Knoll que tamén ten un blog: MANUALIDADES PARA TODOS, onde explicaba como facelas:


Esta é a plantilla que utilizamos nós:


E aquí  vos deixamos outra plantilla que non ten o nome do colexio:


A diferencia do video, para que non se vesen tantas grapas, nós recortamos cada pombiña por separado, pegamos o paíño con celo a unha das pombas e despois con pegamento unimos as dúas pombas entre sí. Para rematar, cortamos a palliña ao longo, metimos o pau dentro dela e agora sí, grapamos as dúas partes da palliña a cada unha das ás (para que a palliña non se solte da grapa é aconsellable poñer un pouquiño de celo encima da grapa). Agora tan só queda mover a palliña e .... POMBIÑAS A VOAR!


Grazas María por descubrir e compartir o video de Ana Knoll

25 ene 2013

CHARLA E EXPOSICIÓN SOBRE O ESPAZO



Grazas á Sociedade Galega de Historia Natural e ao Concello de Ferrol, esta semana podemos disfrutar no cole dunha exposición sobre o Espazo formada por quince imaxes que nos amosan tanto a súa parte máis visible como a máis lonxana e profunda. Estas son as imaxes que integran esta exposición:



Pero además hoxe tivemos a gran sorte de que un membro desta Sociedade, Paulino Gasalla, viñese ao cole a explicarnos cada unha das imaxes e a amosarnos o Universo a través do programa Stellarium e dunha presentación de fantásticas fotos grazas as cales  poidemos achegarnos aos planetas e ás súas lúas, ver preciosas nebulosas como a Nebulosa Cono tamén chamada Árbore de Nadal pola súa forma ou a Nebulosa de Orión, ver a cara oculta da Lúa ,...

Aquí vos deixamos algunhas fotos dos dous grupos:


23 ene 2013

MURAL DA PAZ



O noso mural da PAZ deste ano está adicado, coma non, a GLORIA FUERTES. A idea orixinal vímola no blogue da Biblioteca do CEIP A SENDA, e gustounos tanto que xunto cos nosos compis da clase do lado, da profe Digna,decidimos facer un igual dándolle iso si, o no toque persoal e traducindo a poesía ao galego:
Esto é o que escribimos arredor do corazón vermello:

BASTA CUNHA MAN PARA MATAR,
NECESITAMOS DÚAS PARA ACARICIAR,
DÚAS PARA APLAUDIR,
TODAS AS MANS DO MUNDO PARA A PAZ.
Gloria Fuertes

Así o fixemos:


20 ene 2013

GLORIA FUERTES E A PAZ II: A AVESTRUZ TROGLODITA



Se a semana pasada estivemos a traballar varias poesías de Gloria Fuertes que falaban da PAZ, esta semana traballaremos un dos seus contos que tamén fala da PAZ: "A AVESTRUZ TROGLODITA".

Veremos este VIDEO que preparei:


Faremos este CADERNO sobre o conto (se alguén o quere en galego pode atopalo nos recursos para a paz) que fixen o ano pasado con imaxes atopadas en EDUCARECA


E por suposto non podía faltar este LIBRO LIM sobre o conto que traballaremos tanto na clase como na PDI:




https://dl.dropbox.com/u/14722558/AVESTRUZ/avestruz.html

17 ene 2013

GLORIA FUERTES E A PAZ



Como xa todos sabedes, o vindeiro 30 de xaneiro, celebrarase en todos os colexios o DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA. Por que o día 30 e non outro? Porque nesa data morreu asasinado MAHATMA GANDHI un líder pacifista que loitou dende a NON VIOLENCIA por acadar a PAZ no MUNDO.
Aínda que a PAZ é un tema que traballamos ao longo de todo o curso, estos días faremos especial fincapé nel. E que mellor forma de traballalo que a través dunha gran poetisa como é GLORIA FUERTES e máis tendo en conta a nosa participación no LIBRO COLABORATIVO VIRTUAL SOBRE GLORIA FUERTES.
Así pois hoxe levei a clase catro poesías desta autora que falaban da paz. Despois de lelas moi detidamente, cada un elexiu unha das poesías e ilustrounas. Quedáronlles realmente preciosas. Non si?



Aquí vos deixamos os orixinais que utilizamos por si a algúen lle poden resultar útiles:


15 ene 2013

COROA INVERNAL

Agora que collimos tanta práctica facendo folerpas de neve, non quixemos desaproveitar a ocasión e decidimos facer con elas unha fermosa coroa de inverno. Primeiro eleximos que modelos de folerpas queriamos facer e a profe fotocopiounas en cor azul escura e azul claro, despois as recortamos, plastificamos e pegamos enriba dunha coroa circular feita con cartolina violeta, completamos a nosa coroa cunhas cabezas de boneco de neve e... AQUÍ TEDES O RESULTADO:


GÚSTAVOS?

Deixámosvos algunhas fotos do proceso. A única que rematou polo de agora foi Leticia así que casi todas as fotos son súas:

13 ene 2013

RETOMAMOS O NOSO PROXECTO

Despois do parón por mor das vacacións de Nadal, esta semana retomamos o proxecto sobre o ESPAZO, lembrando algunhas cousas das que aprendimos a través dalgún dos libros que temos no noso recuncho do espazo. Falamos dos ASTRONAUTAS, de como ían vestidos, da cadeliña LAIKA, de IURI GAGARIN, VALENTINA TERESKHOVA, NEIL ARMSTRONG,... e rematamos facendo a nosa propia TRIPULACIÓN DE ASTRONAUTAS. Vede que bonitos nos quedaron.



Se alguén quere as PLANTILLAS que utilizamos, as podedes atopar no noso blogue do proxecto. CLICADE NA IMAXE PARA ACCEDER:


11 ene 2013

UN PROXECTO ENTRE TODOS: PRIMEIRAS INCORPORACIÓNS DO 2013


FELIZ 2013!!

O primeiro que queremos facer dende UN PROXECTO ENTRE TODOS é desexaros a todos que este ano 2013 poidamos ver que todo vai mellorando, ainda que sexa pouquiño a pouco, e que nos permitan disfrutar desta marabillosa profesión. A continuación, como todos os meses, guastaríanos dar a benvida aos 4 NOVOS BLOGUES que se incorporan a este proxecto, xa somos 118 blogues unidos.

Aquí vos deixamos a list a de blogues participantes actualizada para que poidades visitar aos nosos novos blogues amigos:



Por último, vos animamos a seguir propoñendo temas novos para continuar descubrindo novos proxectos, xogos, recursos, aplicacións, etc e vos recordamos que no SITES DUN PROXECTO ENTRE TODOS tamén podedes atopar todos os enlaces de axuda recopilados ata o de agora, filtrados e organizados.



E finalmente e como sempre dicimos:

MOITAS GRAZAS POR TODO
ANA, FINI, MIREIA, MIREN e NOELIA

9 ene 2013

EMPEZAMOS A NOSA DECORACIÓN INVERNAL



Para empezar a decorar o corredor e a nosa clase con motivos invernais, hoxe na clase de plástica estivemos a facer unhas preciosas folerpas de neve cuns modelos de KIZCLUB.COM que atopei grazas ao blogue MI MUNDO INFANTIL. Aquí vos deixamos algunhas fotos e as plantillas por se alguén máis quere utilizalas.

FOTOS:


PLANTILLAS:


8 ene 2013

EMPEZAMOS NOVO TRIMESTRE E NOVA ESTACIÓN: O INVERNO

                    Imaxe de Jessica, do blog BONITOOH

Xa remataron as vacacións de Nadal e ao chegar ao cole, atopámonos con que cambiamos de estación. Si, si, O INVERNO XA ESTÁ AQUÍ: o frío, as tardes chuviosas a carón da cheminea ou da calefacción, a neve,...
Para empezar a traballar esta nova estación, utilizaremos algúns videos de cancións, contos, debuxos,... como estes de aquí  abaixo. Clica en cada miniatura para velos.


Cargando ...


Algúns destes libros seleccionados pola biblioteca BIBLIOABRAZO (MOITAS GRAZAS POR COMPARTILOS):



e tamén estas fichas que preparei:

* EN GALEGO:


* EN CASTELÁN
:
 

QUE TEÑADES UN BO INVERNO!!!!!!

2 ene 2013

O LIBRO DOS REIS MAGOS

                                     Ilustración de Marina Seoane

Para que os Reis Magos, que chegan a Galicia cansos da súa viaxe e sen tempo para preparar unha alocución, poidan dirixirse aos nenos e nenas en galego, a Rede de Dinamización Lingüística preparou este libro de fermosos dicursos redactados por 26 escritoras (que se poden ler tal cal ou adaptarse ao gusto de cadaquén) e non menos fermosas ilustracións de Marina Seoane. Podedes acceder a él dende o enlace de arriba ou descargalo dende aquí:


E para pasar un ratiño entretido mentras esperamos o tan ansiado Día de Reis, podemos probar a facelos con estes modelos que atopei en GUIADELNIÑO.COM:



 E xa para rematar, se entrades na páxina EL BUZÓN DE LOS REYES MAGOS do concello de IBI podedes atopar fantásticos recursos como videos, xogos, a carta dos Reis, ...