30 dic. 2012

DESEXOS DE ANINOVO


Desde AulaTic desexámosvos que neste novo ano que comeza ...

PODADES LEVAR A CABO TODOS OS VOSOS PROXECTOS,
CUMPRIR TODOS OS VOSOS DESEXOS
E REALIZAR TODOS OS VOSOS SOÑOS.

MOI   FELIZ 



UNHA GRAN APERTA

24 dic. 2012

EL CAMELLO COJITO



Como xa sabedes estamos a participar no Proxecto Colaborativo Libro Virtual Gloria Fuertes. Por iso, estes últimos días estivemos a traballar a panxoliña de Gloria Fuertes, "El camello cojito". Como tivemos moi pouquiño tempo, e moitísimas cousas que rematar a algún de nós non nos dou tempo a facer case nada pero o remataremos ao chegar en xaneiro.

Cos debuxos que tiñamos feitos e a colaboración dos alumn@s do PCPI de Xardineiría que hai no cole, gravamos e fixemos este video que esperamos que vos guste:


Estas son as fichas da panxoliña:


E esta é Gloria Fuertes recitando a panxoliña:




Se queredes ver o noso capítulo no libro virtual, clicade na imaxe:


21 dic. 2012

MOI BO NADAL PARA TOD@S!!!!!!!!!


          (marco de http://www.turinconsecreto.com)

Mañá darán comezo as ansiadas vacacións de Nadal que todos os nenos e nenas das nosas clases están esperando (e hai que confesar que os profes tamén) , POR QUE SERÁ? Nós para descansar un pouquiño e volver e xaneiro con renovadas forzas e os "peques" ademais de por iso por suposto que polos regalos que trae Papa Noel, os Reis Magos ou o noso Apalpador.

E falando de regalos gustaríame compartir con vos esta imaxe de Sarai Llamas, que atopei  grazas a Elena do blogue , EN EL AULA DE APOYO, que me gustou moito:


Aproveito para ensinarvos a nosa derradeira e sinxela manualidade de Nadal: UNHAS BOLAS DE NEVE que mañá levaremos para casa xunto cos nosos traballiños:


        (marcos de http://www.turinconsecreto.com)

E como non a nosa "ACTUACIÓN ESTELAR" no festival do cole (o resto dos videos subireinos en vacacións á páxina web do cole e engadirei un enlace na sidebar do blogue):



Así como algunhas fotos do festival:



E xa para rematar, as felicitacións dos meus alumn@s  ao rematar o baile:



BO NADAL PARA TOD@S!!!!!

16 dic. 2012

TARXETAS DE NADAL


Imaxino que a estas alturas xa todos teredes ou estaredes rematando as vosas tarxetas de Nadal. Nós este ano as fixemos dobres. Unhas para o concurso de tarxetas do cole onde como son para imprimir non poden ter moitas cousas e outras un pouquiño máis elaboradas para levar para casa. Ainda que non tiña pensado amosárvolas ata o último día, voúvolas amosar por se alguén non as fixo, e lle gusta algún dos nosos modelos.
A de Leticia:


A de Joni:

A de Carlos:


E a de Erika:

E así é  como o fixeron:


E se queredes facer a vosa tarxeta dun xeito eléctronico, aquí vos deixo este enlace:




14 dic. 2012

DECORANDO O COLEXIO E A CLASE

Estes días, estamos a facer a unidade didáctica do Nadal, decorando a clase, o colexio e facendo pequenas manualidades nadaleiras que xa vos amosaremos máis adiante.
Para adornar a nosa clase aproveitamos moitas das cousiñas que xa tiñamos de cursos anteriores como a coroa de Rudolph, os REIS MAGOS, os renos,... Pero ademais, "tuneamos" o noso boneco de neve do ano pasado (se queredes lembrar como era clicade AQUÍ) e o transformamos nun simpático Papa Noel:



Para adornar a entrada do colexio, montamos unha árbore cunhas bolas moi especiais, xa que tiñan por diante a fotografía de todos os nenos e nenas do cole así como dos profes e por detrás un bonito desexo de Nadal. Aquí vos amoso como nos quedou a árbore (que nola pintou enteriña Leticia) e como eran as nosas bolas:


E xa para rematar, vos amosamos a árbore que fixemos para adornar o noso corredor. Vímola en Internet e gustounos moitísimo por iso animámonos a facela.


Gústavos a nosa decoración?

E para que pasedes un fin de semana entretido aqui vos deixo este xogo matemático de Nadal, ainda que está en inglés eche moi sinxelo: para traballar la numeración, a orde, as sumas,... Hai moitos niveis para elexir. Investigade pola pantalla. Seguro que atopades algo que vos guste. E agora a  disfrutar:


12 dic. 2012

RECITANDO A CELSO EMILIO

Arredor duns 30.000 rapaces duns 200 centros educativos de toda Galicia , entre os cales está o noso, participarán este mércores nunha homenaxe a Celso Emilio Ferreiro a través dun recitado colectivo que servirá tamén como acto reivindicativo "en defensa da lingua". Será ás 12 do mediodía, do día 12 de 2012 nunha actividade organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (Cgendl). Uns 30.000 rapaces recitarán á vez o poema 'Deitado fronte ao mar' Será "unha homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que transmite toda a forza e a enerxía da súa palabra" A Cgendl aproveita o centenario do nacemento do poeta para renderlle "unha homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que transmite toda a forza e a enerxía da súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia" ( Extraído de Praza Pública ).

No noso centro, as 12 en punto, todos os rapaces e profes do cole, veremos e escoitaremos o audiovisual que montamos coas nosas voces e imaxes relacionadas atopadas por Internet. A finais do día, incluiremos fotos do evento nesta entrada.

Para coñecer máis a súa vida, vos deixo esta presentación feita por Elvira Roiz Mesías do Instituto Concepción Arenal de Ferrol:
Esta e outras presentacións sobre a vida de Celso Emilio podedes velas do blog O SEGREL DO PENEDO.

E ASÍ O CELEBRAMOS:



Esta é a presentación que fixemos coas voces de todo o colexio e que montou a profe Patricia Galdo con imaxes de Internet:


10 dic. 2012

XA CHEGA O NADAL!


Ainda non ben rematamos o outono, e xa estamos a traballar co Nadal. Xa comezamos a decorar a nosa clase, os corredores e en definitiva todo o colexio. Máis adiante vos amosaremos algunha fotiño.
Xa fixemos as tarxetas para o concurso de Tarxetas de Nadal do cole. Quedáronnos moi bonitiñas. Aquí volas deixamos para que poidades velas:


E tamén rematamos as postais que imos levar a casa pero esas... ata o último día non volas enseñaremos.

Mañá, empezaremos a facer algunhas fichiñas sobre o Nadal. Como na clase temos distintos niveles, hai dous tipos de fichas:

As fichas máis sinxelas, NIVEL I


E outras un pouco máis complicadas, NIVEL II


Para todos os nosos amigos e amigas que non son de aquí, tamén llas deixamos en CASTELÁN por se alguén quere utilizalas:

NIVEL I:


NIVEL II:

8 dic. 2012

PROXECTO RUMBO AO ESPAZO

A principios de novembro empezamos un novo proxecto sobre o espazo no que conseguimos implicar a todas as clases do centro.
 Como é moi longo, e dentro do noso colexio hai rapaces con capacidades moi distintas, imos un pouquiño lentos polo que sen dúbida o continuaremos durante o segundo trimestre.
Para non interferir co resto das entradas, todo o relacionado co proxecto irá a un novo blogue: RUMBO AO ESPAZO . Por falta de tempo e problemas técnicos todavía faltan por incluir moitos recursos no blogue pero pouquiño a pouco xa vai tomando forma. Deixámosvos o enlace por se alguén lle pode resultar útil algúns dos recursos que xa temos. A partir de agora estará na sidebar para que o poidades consultar sempre que queirades.


6 dic. 2012

DÍA DA CONSTITUCIÓN

Hoxe non hai clase porque se celebra o día da Constitución. Xa que o venres facemos ponte, o luns traballaremos na clase este conto que fixen o ano pasado:



Aquí está en versión castelán sen voz:

5 dic. 2012

ÚLTIMAS MANUALIDADES DE OUTONO

Antes de meternos de cheo nas actividades de Nadal, gustarianos amosarvos as nosas últimas manualidades de outono.
Coas follas que nos sobraron dos fermosos cadros de follas que xa vos amosamos no seu día , fixemos un traballo que tiñamos pendente dende o curso pasado: estes fermosos mouchos que vimos no blog de Patri, COUSAS DO NOSO COLE,



e cos froitos que non utilizamos na exposición de froitos de outono, fixemos os seguintes animaliños:



GÚSTANVOS?

2 dic. 2012

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE



Todos os 3 de decembro, celébrase o día internacional das persoas con discapacidade co obxectivo de fomentar a súa integración na sociedade e promover o a igualdade de oportunidades. O lema deste ano é: "ELIMINAR AS BARREIRAS PARA CREAR UNHA SOCIEDADE INCLUSIVA E ACCESIBLE PARA TOD@S".
Para traballar a inclusión  e integración das persoas con discapacidade e así evitar a discriminación, déixovos uns videos que atopei e que me gustaron moito. Clicade na miniatura do video que querades ver:


Cargando ...


No blog de Cristina, LA PRINCESA DE LAS ALAS ROTAS, atopei esta fermosa entrada onde se nos dan 11 RAZÓNS POLAS QUE OS PAIS DE NENOS CON NECESIDADES ESPECIAIS SON EXEMPLO DE VIDA E LOITA. Gustoume tanto que desexo compartila con vos. Aquí vola deixo tal cual a atopei:


1. Porque nunca pensaron que "hacer todo" significaría hacer mucho. Pero lo hacen todo, por ayudar a los suyos, y demostrarles que no están solos.

2. Porque han descubierto paciencia, que no sabían que tenían.

3. Porque están dispuestos a hacer algo 10 veces, 1.000 veces si es necesario para que sus hijos aprendan algo nuevo...

4. Porque han escuchado a los médicos que les plantean las situaciones mas difíciles, y ellos se han negado, a que esto los derrote.

5. Porque tienen días malos, pero siguen adelante a pesar de las adversidades.

6. Porque ellos logran obtener de todas las circunstancias de su vida, cosas que los ayudan a crecer como personas, y que los estimule a seguir aprendiendo.

7. Porque descubrieron que son fuertes, cuando dudaban que lo fueran, ante estas circunstancias.

8. Porque no son sólo mamás, papás, esposas, esposos, amas de casa, choferes, cocineros y mucho mas. También son fisioterapeutas, fonoaudiólogos, psicólogos, terapeutas ocupacionales, maestros, enfermeras, investigadores, entrenadores y porristas.

9. Porque entienden a sus hijos mejor que nadie - incluso si ellos no pueden hablar, o no los miran a los ojos, ellos lo saben. Sólo lo saben.

10. Porque justo cuando parece que las cosas van a ir bien, ellos siguen tratando. Lo hacen incluso cuando parece que sus corazones podrían explotar, o sus ojos soltar una lagrima.

11. Porque cuando miran a sus hijos sólo ven a chicos maravillosos, a unos estupendos guerreros. No observan a niños con Parálisis Cerebral, Autismo, Síndrome de Down, TDAH, Retraso en el Desarrollo y cualquiera que sea la etiqueta, que es solo eso, una etiqueta.