28 sept 2012

UN PROXECTO ENTRE TODOS:100 BLOGUES AMIGOS


Este mes incorporáronse a UN PROXECTO ENTRE TODOS, 3 novos blogues co que xa somos .... 100 BLOGUES AMIGOS !!, SI, SI, xa somos 100 blogues colaborando entre nos para axudarnos na preparación de proxectos, recopilando enlaces de recursos, e o que é máis importante:

COMPARTINDO

Esa é a palabra que máis nos gusta para definir o noso obxectivo principal nesta gran aventura que comezamos non hai demasiado e que nunca pensamos que chegara a un número tan elevado de participantes. O único que podemos engadir a esta estupenda felicitación que vos dedicamos aos 100 blogues

GRACIÑAS AOS 100!!!!!!

Graciñas ... por seguirnos nesta aventura
Graciñas ... por demostrar que os mestres e mestras somos un gremio que compartimos
Graciñas ... pola cantidade de blogues que participáchedes activamente
Graciñas ... polo agarimo que nos demostráchedes nas vosas entradas sobre este proxecto e nos vosos comentarios e ...
Graciñas ... por continuar colaborando novamente este curso 2012-2013 (que non decaiga o entusiasmo!)

Aquí vos poñemos a lista de blogues amigos actualizada e BENVIDOS!! aos novos blogues:



Ademais gustaríanos darvos as grazas por entender que sexamos tan estrictas coas normas do proxcecto, pero dado o número de blogues participante e de entradas de petición de axuda, senón o fixeramos así, isto sería unha locura! E por iso queremos lembrar un par de puntos importantes:

- Pedímosvos por favor, que antes de publicar unha entrada pedindo axuda, miredes se xa se fixo anteriormente, porque se é así, todos os recursos xa están recopilados no SITES de UN PROXECTO ENTRE TODOS. No caso de que alguén queira engadir algún recurso novo a calquera tema, nos pode deixar un comentario xunto ao enlace, a calquera dos blogues organizadores e o incorporaremos ao SITES.



- Tamén nos gustaría explicar que este é un proxecto pare recopilar recursos para a elaboración de PROXECTOS TEMÁTICOS ou unidades didácticas, pero non para recopilar outro tipo de recursos (documentos, material de asamblea, fotos, etc). Por iso vos pedimos que se á hora de plantexar unha pertición de axuda non tedes claro se se axusta ao proxecto, NON DUBIDEDES en consultarnos.

E finalmente e como sempre dicimos:

MOITAS GRAZAS POR TODO
ANA, FINI, MIREIA, MIREN E NOELIA



26 sept 2012

UN XOGO DE OUTONO

Un sinxelo xogo sobre o outono  no que ademais de colorear unha imaxe podemos engadir algunhas animacións. Pódese usar tanto na PDI como no rincón do ordenador.

Visto no blog MATERIAL PARA ISAAC

24 sept 2012

SILENCIO ... VIVIMOS

A semana pasada tivemos a sorte de contar no cole coa actuación  da COMPAÑÍA TEATRAL DE BLANCA MARSILLACH que coa colaboración da FUNDACIÓN REPSOL está dando unha xira por toda España coa súa obra "SILENCIO ... VIVIMOS", un taller de teatro adaptado para persoas con discapacidade física, intelectual e sensorial.


"Silencio ... Vivimos" trátase dunha adaptación para teatro de tres sketches que o dramaturgo Adolfo Marsillach escribiu para a televisión a finais dos sesenta, cunha temática común: a vida. No cole só nos dou tempo a ver dous deles: unha voda e unha tarde de cine.


Durante a obra todos os rapaces e rapazas estiveron moi atentos, disfrutando de todo o que acontecía no escenario. A posta en escea foi xenial cun vistoso vestuario, música pegadiza e sons onomatopéicos realmente fantásticos.
Ao finalizar a obra, comezou o taller no que algúns dos nosos rapaces e rapazas se convertiron en actores subindo ao escenario animados polos actores da obra e polos seus compañeiros.  O pasaron realmente ben.

Aquí vos deixamos algunhas fotos da obra e do taller:

SILENCIO ... VIVIMOS on PhotoPeach

22 sept 2012

O OUTONO XA ESTÁ AQUÍ!!!!!!!!!


XA CHEGOU O OUTONO!!!!!!! E que mellor forma de festexalo que cunhas bonitas cancións como éstas:


con algún conto como este que montou a miña amiga Sandra  do blog MI SALA AMARILLA:


ou vendo uns entretidos debuxos animados:


Se queredes acceder a todas as entradas do blog sobre o Outono doutros anos clicade na imaxe:


E con esta fermosa imaxe da nosa amiga Blanca, do blog ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN INFANTIL, quero desexarvos a tod@s UN FELIZ OUTONO!!!!!!!


18 sept 2012

NOVO CURSO, NOVA CLASE

Ainda que o mércores xa comezaron as clases, ata hoxe que xa viñeron os internos, non tiven a todos os meus alumnos e alumnas.
Este curso seguirei dando o Ámbito Lingüístico no PCPI de Xardinería e Viveirismo e ademáis serei titora dun novo grupo formado por dous rapaces e dúas rapazas de entre 15 e 19 anos con distintos niveis educativos.
Aquí vos presento ao meu grupo:
  
JONATHAN

LETICIA

ERIKA
CARLOS

11 sept 2012

VIVA A VOLTA AO COLE!!!!!!!!!!!


Mañá todos os nenos e nenas galegos inician a súa volta ás aulas. E que mellor forma de facelo que con esta simpática postal que me enviou a miña gran amiga Ángeles, do blog A XANELA DE INFANTIL. Non dubidedes en visitalo.

CLICADE NA IMAXE

10 sept 2012

ESTAMOS DE ANIVERSARIO!



Como pasa o tempo! Quen nos ía dicir que despois de dous anos todavía seguiríamos dando guerra por aquí! Ainda que pareza mentira, hoxe xa hai dous anos que empezamos a nosa andadura neste blog. Desde entón xa contamos con 146 seguidores, máis de 40.000 visitas e 3564 COMENTARIOS!!!!! que dan vida a este blog. 

MOITÍSIMAS GRAZAS A TOD@S OS QUE PASADES POR AQUÍ

5 sept 2012

VISITANDO BLOGUES AMIGOS


Agora que xa casi todos empezamos de novo a nosa andadura nos blogues despois do parón do verán, cando visito algúns dos blogues dos que son seguidora (aos que me gusta visitar a miúdo e deixarlles un comentario) me volvo a atopar co mesmo problema do ano pasado: A VERIFICACIÓN DA PALABRA.
E por iso, que me gustaría facervos unha petición: A non ser que vos entre moito correo SPAM (correo non desexado) vos agradecería un montón que eliminásedes a verificación da palabra pois ás veces é case imposible descifrar o que pon e hai que darlle a resfrescar varias veces co cal se perde moito tempo e durante o curso tempo é precisamente o que nos falta polo menos á maioría.
Por si alguén non sabe como facelo, só tedes que ir a :

CONFIGURACIÓN - COMENTARIOS - AMOSAR VERIFICACIÓN DA PALABRA PARA COMENTARIOS ?- NON

Volo agradecería un montón. Moitas grazas a tod@s

4 sept 2012

UN PROXECTO ENTRE TODOS: Comezamos novo curso


Comezamos o novo curso escolar 2012-2013, aquí en España. E que mellor xeito para comezalo dende "UN PROXECTO ENTRE TODOS" que con catro novas incorporacións. Dende aquí lles damos a BENVIDA e publicamos a lista de blogues colaboradores actualizada:


Aproveitamos para lembrar, que a partires deste curso enviaremos, a todos aqueles que nos proporcionaron a súa dirección de correo electrónico, un mail para informar cando algún blog publique unha entrada de axuda.

AVISO IMPORTANTE:

As mensaxes de aviso os enviamos dunha soa vez (aproximadamente 90), por iso é probable que os entre na bandexa do correo como un spam. Pedímosvos que revisedes o voso correo e se é así, o aceptedes como correo desexado. Con realizar unha soa vez esta operación é suficiente. Moitas grazas a tod@s.




Asemade gustaríanos aclarar que o OBXECTIVO principal co que foi creado "UN PROXECTO ENTRE TODOS" foi:

"Recopilar un gran arquivo de recursos online, revisados, filtrados, clasificados e etiquetados para a elaboración de proxectos temáticos ou unidades didácticas".

Esta aclaración a queremos realizar porque dende a posta en marcha de UN PROXECTO ENTRE TODOS, realizáronse diferentes propostas de recopilación de recursos que non consideramos que se axustasen a este obxectivo. En ningún caso queremos dicir que non sexan moi boas propostas que poden axudar a outros, nin queremos excluir a alguén deste proxecto, simplemente gustaríanos manter o obxectivo inicial co que iniciamos esta aventura.

Non é a nosa intención molestar a ninguén, nembargantes pensamos que para podere realizar un proxecto colaborativo no que participan xa casi 100 blogues, debemos manter unha orde e organización. Por iso vos pedimos que cando a entrada de axuda non se axuste á elaboración dalgún proxecto temático ou unidade didáctica, realicedes unha consulta previa a través de calquera dos blogues organizadores.

Lembrámovos tamén que todos os enlaces, que compartimos entre todos durante o curso pasado, están recollidos no SITES de "UN PROXECTO ENTRE TODOS".



Esperamos que este curso funcione tan ben como o ano pasado ou incluso mellor e...

BENVID@S AO NOVO CURSO!!!!!
Ana, Fini, Mireia, Miren e Noelia

2 sept 2012

BENVID@S AO NOVO CURSO ESCOLAR!


Con este fermoso carteliño que me fixo a miña compi de claustro blog, Noelia, do blog MI COLE AL DÍA, quero desexarvos a todos unha  boa entrada de curso.

BENVID@S AO NOVO CURSO 2012/13