28 jun 2012

UN PROXECTO ENTRE TODOS: Somos dous máis


Comezamos as vacacións presentando dous novos blogues amigos que se incorporan ao nosos proxecto. Benvidas a "UN PROXECTO ENTRE TODOS"!!!!!!! Aquí vos deixamos a nova lista actualizada para poder facervos seguidores:


Tamén nos gustaría darvos, a todos e todas, as grazas pola gran cantidade de comentarios cariñosos e positivos que nos dedicáchedes ao CLAUSTRO-BLOG ao faceros entrega do diploma ao blog colaborador. FOI MOI EMOCIONANTE PARA TODAS NOS!!. Creamos unha nova páxina de premios, no SITES de "UN PROXECTO ENTRE TODOS" (https://sites.google.com/site/unproyectoentretodos) para colocar alí os detalles que nos adicáchedes.


Vos lembramos que todavía nos quedan moitos diplomas por entregar. Se estades na lista que aparece a continuación, só tedes que deixar un comentario nesta entrada deixando a vosa dirección de email, e vos enviaremos o voso diploma personalizado.



Gustaríanos tamén aproveitar para lembrar a todos os blogues colaboradores, que a partires de agora a todos os que nos proporcionedes a vosa dirección de correo electrónico, vos avisaremos cun email cando algún blog publique unha entrada de axuda. Deste xeito, todos estaremos mellor informados para poder seguir colaborando neste proxecto. E como sempre vos dicimos:

MOITAS GRAZAS A TOD@S

ANA, FINI, MIREIA, MIREN e NOELIA

FELICES VACACIÓNS!!!!!!

21 jun 2012

REMATAN AS CLASES

Mañá será o último día deste curso no que pasamos moi bos momentos. Agora toca disfrutar dunhas ben merecidas vacacións para voltar en setembro con renovadas forzas e novos proxectos. Nas súas mochilas levarán,  aparte de todos os libros e fichas que fixeron neste trimestre, esta tarxeta que preparei para eles onde están cos seus compañeiros da clase da profe Digna e da profe Melu:



Ademais, despois do ben que fixeron o proxecto de educación vial, cada un levará o seu CARNET DE PEÓN para lembrar e non esquecer todo o aprendido. Por falta de tempo non nos dou tempo para máis, o próximo ano retomaremos o proxecto esta vez desde o punto de vista de pasaxeiros e condutores (de bicicletas, patíns, patinetes,...)




Por si alguén o quere, no blog de Educación Vial subirei o archivo do carnet así como as fichas do proxecto.
E ainda que traballaron moito e se merecen descansar e disfrutar das vacacións e da praia, aquí lles deixo estes recursos para que practiquen un pouquiño na casa, que o verán e moi longo e da tempo para todo.
Este libro lim que preparei hai uns anos:


http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/VERAN/verano.html

E o escritorio de verán que unha vez máis pon á nosa disposición a "JUNTA DE CASTILLA Y LEÓN" , adicado este ano as olimpiadas. Clicade na imaxe para acceder:


http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Verano2012/index.html

20 jun 2012

DOBRE EXCURSIÓN

A piques de rematar o cole, tivemos dobre excursión. Por unha banda onte fomos toda a mañá á Lagoa de Doniños a facer un itinerario medioambiental que solicitamos cando empezamos o noso proxecto dos bosques. Foi unha experiencia fantástica. Gustounos todo ... menos o tempo que non nos acompañou nadiña e por momentos choveunos con bastante vento o cal no era moi agradable. Ainda así a mañá foi moi fructífera. Coñecimos prantas e arbustos novos como a herba de San Roberto, o torvisco, a malcomia,... lembramos o nome dalgunhas que xa coñeciamos como as estaletas, os toxos, as xestas ,. ..vimos árbores como oliveiras, nogueiras, castiñeiros,... e tamén cardos, allos bravos,... Escoitamos as rás, observamos insectos como libélulas e reis reis, contemplamos como voaban as anduriñas e as gaivotas e o mellor de todo e que cando fomos á beira da praia vimos ... DOUS GOLFIÑOS NADANDO!!!!!! Mágoa que estivesen moi lonxe para poder quitarlles unha foto. Estas son as fotos de todo canto vimos:
A LAGOA DE DONIÑOS on PhotoPeach

E hoxe fomos todos ao teatro Jofre a ver a película: "COPITO DE NEVE". Gustounos un montón. Aquí estamos diante do teatro:
Vos deixamos un trailer da película:
QUE BEN O PASAMOS!!!!!!!

17 jun 2012

FESTIVAL FIN DE CURSO

Como algúns dos nosos alumnos xa se despediron de nós este venres e non os voltaremos a ver ata o próximo curso, tivemos que adiantar o festival de fin de curso para o xoves 14.
Comezamos coa actuación dos alumnos e alumnas que van a actividades extraescolares, que nos sorprenderon con dúas cancións moi bonitas coas súas correspondentes coreografías:


A continuación fomos ao salón de actos e alí atopámonos con esto:


Era o grupo de teatro GHAZAFELHOS que una vez máis viñan ao cole para sorprendernos cunha das súas fantásticas actuacións. Se o ano pasado por estas fechas contáronnos contos de lobos este ano tocaron... CONTOS PARA ESCAGARRIÑARSE DE MEDO! Contáronnos tres contos: "A cabra Montesina", "As lavandeiras" e a "Santa Compaña" e .. PARTÍMONOS DE RISA.
En Youtube atopei un video extracto da obra, déixovola aquí para que vos fagades unha idea do divertido que foi:


E así o vimos no noso cole:







Despois dun descansiño para ir ao patio, voltamos ao salón de actos. Esta vez para a actuación de Yanko e o seu coro formado por rapazas de distintos colexios e institutos. Esta vez, tan só poideron vir catro, xa que estamos en plena época de exames. Tamén subiron ao escenario, os rapaces e rapaces do noso cole que tamén teñen a Yanko de profesor da actividade extraescolar de música. Entre todos, cantáronnos unhas cantas cancións moi coñecidas que tarareamos todos.


Como chovía, despois de rematar a actuación non poidemos ir a fóra a xogar o partido de fútbol que tiñamos previsto xunto cos profes e os coidadores polo que nos quedamos no salón de actos, escoitando música y bailando. Pasámolo moi ben.


E para rematar unha mañá fantástica, que mellor que unha comida de fraternización co noso alumnado, ou non?


15 jun 2012

UN PROXECTO ENTRE TODOS: Diploma á colaboración


Remata o curso escolar 2011-2012 (polo menos en España) e para nos será un curso que dificilmente poderemos olvidar. Non só por todas as experiencias que compartimos entre as cinco (dentro e fora da rede), senón porque a nosa amizade e traballo común foi máis alá, coa creación e posta en marcha deste estupendo proxecto;


Pero nos gustaría compartir a nosa satisfacción con todos os blogues que participaron dunha forma activa na recopilación de recursos no noso SITES, é dicir, con todos os blogues que colaboraron aportando algún enlace, ainda que fose un único enlace, aos blogues que pediron axuda.

A todos estes blogues, gustaríanos facerlles entrega de:

O DIPLOMA Á COLABORACIÓN

Esta é a lista de blogues que participaron activamente neste proxecto (si participaches aportando algún enlace e non apareces na lista, déixanos o enlace da entrada na que fixeches o comentario, aquí mesmo e con moito gusto, engadirémoste á lista, posto que ... un despiste o ten calquera!!!!!!)


Se o teu blog aparece nesta lista e queres que te enviemos O TEU DIPLOMA PERSONALIZADO, deixa un comentario coa túa dirección de correo electrónico en calquera dos blogues organizadores.
Aproveitamos tamén para informar de que, a partir de agora, a todos os blogues que nos deixen o correo electrónico, lles avisaremos cunha mensaxe cando algún blog colaborador publique unha entrada de axuda. Así todos estaremos informados para poder aportar enlaces de axuda.
Ainda que acaba o curso escolar, UN PROXECTO ENTRE TODOS, continúa en funcionamento durante o verán, pois hai blogues colaboradores doutros países que poden necesitar a nosa axuda.

MOITAS GRAZAS A TOD@S
ANA, FINI, MIREIA, MIREN E NOELIA

11 jun 2012

APRENDEMOS OS SINAIS DE TRÁFICO



A piques de rematar o curso, tamén estamos rematando o noso proxecto sobre Educación Vial. Para aprender os sinais de tráfico, ademáis de facer fichas, ler contos, utilizar aplicacións da rede como :"OS MEUS AMIGOS OS SINAIS", ver o video: "GUAY E OS LADRÓNS DE SINAIS"ou visionar diapositivas (todo isto o podedes ver en:  http://proxectoeducacionvial.blogspot.com.es/2012/06/os-sinais-de-trafico-i.html cos respectivos enlaces) tamén elaboramos distinto material como:

- BITS DE SINAIS:


- UN XOGO DE PARELLAS:
- UN XOGO DE DOMINÓ:
- O XOGO DA OCA DA BICICLETA CLETA:
- E UN GLOGSTER CON XOGOS SOBRE OS SINAIS:

9 jun 2012

EXCURSIÓN A VILAGARCÍA

Todavía tiñamos pendente por subir as fotos da nosa excursión a Vilagarcia o pasado mércores. Aproveitando que máis da metade do colexio entre eles nós, tiñamos unha competición de atletismo, algúns dos rapaces e rapazas que quedaban así como algúns profes máis , foron a acompañarnos.
Pola mañá estivemos nas pistas de atletismo onde disfrutamos competindo en carreiras, salto de lonxitude, tiro de peso, ... Non volo ides crer pero ... OS CATRO GAÑAMOS UNHA MEDALLA, Ramiro incluso dúas, e outros compañeiros do cole tamén gañaron medallas como Joni (nada máis e nada menos que TRES), Cristian, Sofia, Dani Torres, ...
Aquí posamos  coas nosas medallas:


Despois fomos a comer a un parque preto da praia. Alí á sombriña das árbores, comimos, disfrutamos da compañía dos nosos compañeiros e compañeiras, xogamos no parque e demos un paseo pola praia. E por suposto non podía faltar tomar un xeado ben fresquiño, que ía moita calor, nunha terraciña. Pasámolo moi ben pero que moi ben e chegamos ... MOIIIIIIIIII CANSOS!
Aquí vos deixamos as fotos das competicións, da entrega de medallas, da comida,... para que vexades o ben que o pasamos e canto disfrutamos:


5 jun 2012

Celebrando o día do Medio Ambiente

Cando entramos na clase vimos que había algo no encerado :



A profe explicounos que hoxe era o Día do Medio Ambiente e que nós ainda que éramos pequenos podíamos facer moitas cousas para coidalo. Así que entre todos pensamos que cousiñas podiamos facer: aproveitar ben o papel, non tirar papeis ao chan, utilizar bolsas de papel e non de plástico, reciclar o vidro, o plástico, ... Lembramos como son os contenedores nos que reciclamos:

- GRIS, para os orgánicos
- AMARELO, para o plástico e os bricks
- AZUL, para o papel e o cartón
- VERDE , para o vidro
e tamén falamos dos PUNTOS LIMPOS onde se levan electrodomésticos que xa non serven, as pilas, as bombillas, ...


Despois fomos á aula de informática e alí xunto cos nosos compañeiros e compañeiras da clase da profe Digna e da clase de Carmen e Rita, escoitamos a canción de "Salvemos o noso mundo", o conto de "El Gran Roble" e fixemos algunhas das actividades sobre o conto e por último xogamos aos xogos do Glogster.



Cando voltamos a clase,  cada un de nós coloreou unha peza sobre un debuxo alusivo ao día de hoxe. Cando rematados e unimos todas as pezas, quedounos un cartel así de bonitiño que puxemos na parede da clase:


4 jun 2012

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


Este martes 5 de xuño celébrase o día o Medio Ambiente por iso ao longo desta semana traballaremos sobre este tema. Utilizaremos entre outros estos materiais:

* A canción "SALVEMOS NUESTRO MUNDO"


* Este conto sobre o Medio Ambiente con actividades,  que atopamos grazas a Joel, do blog Educació i les Tic (estou vendo que da problemas para entrar así que imos a  http://www.aulamultigrado.cl/marzo2010/aula_multigrado/index.html ,  perfil docente, clicamos en coidemos o medio ambiente, realizar clases, disco azul, 1º)


* Este libro lim que preparemos nun grupo de traballo que fixen o ano pasado cunhas compañeiras, desde aquí lles mando un biquiño para todas:



* Este outro lim da nosa amiga Belén do blog Casa de Tolos, que está chulísimo:


* Estos xogos:


* Este glógster que preparei con máis contos, cancións, xogos,...:


* Este caderno para colorear onde os protagonistas dos contos nos amosan que tamén saben reciclar:


Se o queredes en CASTELÁN, clicade na imaxe:




Máis recursos:
*   Orientación do CPI de Panxón,
*   Mi sala amarilla
*  Burbujitas
* Biblioteca Gregorio Marañón
* Actividades para Educación Infantil

LEMBRA:

Se queredes acceder aos recursos do ano pasado clicade na imaxe:



1 jun 2012

UN PROXECTO ENTRE TODOS: Últimas incorporacións


Aquí tedes a lista de blogs colaboradores actualizada para que poidades faceros seguidores dos novos blogues. Xa somos 91 blogues unidos en "UN PROXECTO ENTRE TODOS". Damos a BENVIDA aos novos participantes, e esperamos vervos pronto aportando enlaces de axuda.


Nesta ocasión simplemente vos lembramos, que no SITES de UN PROXECTO ENTRE TODOS xa se atopan recollidos todos os enlaces que recopilamos nas 26 entradas de axuda publicadas ata a data. No mesmo SITES atópase toda a información sobre o proxecto e se vos surxe algunha dúbida alí tedes os nosos mails de contacto.





e como sempre dicimos:

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS OS BLOGUES QUE PARTICIPARON
ANA, FINI, MIREIA, MIREN e NOELIA