30 nov. 2011

NOVO MURAL DE OUTONO

Noelia, do blog "MI COLE AL DÍA", que podedes atopar no blogroll da dereita, fai uns debuxos preciosos. Hai uns días mostrounos uns moi bonitiños sobre o outono. Había un que nos gustou moito á miña compañeira Digna e máis a min, por iso, debuxeino nun papel continuo (por suposto que non queda igual que o orixinal) e os rapaces e rapazas da profe Digna o pintaron.
Aquí vos deixamos o resultado para que vexades que quedou ben xeitosiño.



MOITAS GRAZAS, NOELIA POR FACER TAN BONITOS DESEÑOS E COMPARTILOS CON NOS

28 nov. 2011

FOTOGRAFIANDO E CATALOGANDO AS ÁRBORES DO NOSO COLEXIO

Dentro do proxecto "OS NOSOS BOSQUES", tiñamos prevista unha visita polo patio do noso colexio para ver as árbores que alí había e catalogalas. Tivemos que esperar a que fixera bo tempo para facelo. Así que mentras esperábamos preparamos un pouco a saída. Buscamos en Google imaxes das árbores que iamos ver e o profe Tomé de xardineiría fixo con elas unhas láminas. Despois lle axudamos a plastificalas para poder poñelas en cada árbore.

PREPARANDO A SAIDA on PhotoPeach

O venres pasado por fin fixo bo día e poidemos saír ao patio a catalogar as árbores. De dúas en dúas clases, fomos cos encargados do taller de xardineiría, Tomé e Luís. Unha vez alí, tiñamos que identificar as árbores coa axuda das láminas. Había que fixarse moito nas ramas, follas, froitos,a forma do tronco,... pero algunhas árbores NON TIÑAN FOLLAS e iso facía moi difícil a identificación. Unha vez que xa sabiamos de que árbore se trataba, con axuda colocábamos a lámina ben atadiña, e lle sacábamos unha foto. Sí, sí, como escoitades, TAMÉN FIXEMOS DE FOTÓGRAFOS. Como sacamos moitísimas fotos, fixemos a seguinte montaxe:

27 nov. 2011

MOI FELIZ DÍA DO MESTRE/A!!!!!!!!!


Hoxe dúas mestras blogeras amigas, me lembraron que era o día do maestro. Antes non tiñamos clase e se celebraba por todo o alto en honor a San José de Calasanz que adicou toda a súa vida á educación dos xóvenes, pero agora cambiaron esta data polo Día do Ensino (Día da Educación) que cada ano cambia de data según lle convexa máis non sei realmente a quen. Pero para reinvindicar este día, aquí vos deixo este fermoso conto: "A mestra chiflada", escrito e ilustrado por El Hada de los Cuentos, del blog Cuaderno de Colores (non deixedes de visitalo)

E para commemorar esta data, aquí vos deixo este selliño que recibiu El Hada de los Cuentos e que eu ao igual que ela adico a todos aqueles mestres e mestras, pasados e futuros, que nos visitan.
Para tod@s:  MOI FELIZ DÍA DO MESTRE/A!!!!!!!!!

CUMPLEBLOGS!!!!!!

Con esta entrada quero felicitar a varios blogs amigos que ao longo destes días celebraron o seu cumple ou o número de seguidores.
Desván de palabras, de Mª José con estupendos recursos de elaboración propia:


Berenice, a miña amiga bloguera do outro lado do mar, co seu blog Burbujitas cheo de entradas interesantísimas e de bos recursos, que tamén cumpriu un ano


Carmen de Aula de Infantil que celebrou as súas 100.000 visitas, nada máis e nada menos, que envexa!!!! (sana por suposto). Tedes que ver as experiencias tan chulis que fai cos seus nenos e nenas.


E por último, a miña amiga Blanca, que vai coma unha bala, atopa sempre un montón de recursos interesantísimos e está ao tanto de todo, celebra o segundo cumpreanos do seu blog Actividades para Educación Infantil


¡MOITÍSIMAS FELICIDADES A TODAS! 
(se se me olvidou alguén síntoo moito)

25 nov. 2011

EDUCANDO EN IGUALDADE PARA COMBATIR A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES


Hoxe se celebra en todo o mundo o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Nesta data, temos  que ser conscientes que só combantido as desigualdades entre homes e mulleres, se poñerán os cimentos para erradicar definitivamente a violencia, e que a ferramenta fundamental para conseguilo é  A EDUCACIÓN EN VALORES DE IGUALDADE.
Na clase estivemos a falar deste tema. Expliqueilles dun xeito sinxelo para que o entenderan, o significado desta data e pregunteilles que sabían do tema, que pensaban, .... Despois fixemos un lazo conmemorativo que acabamos pegando na cristaleira de entrada ao cole. A idea orixinal sacámola do blog IGUALDA, e nós lle cambiamos as imaxes por outras que nos gustaban máis. Así nos quedou:


Despois, aproveitando que tiñamos informática, invitamos aos rapaces e rapazas da clase da profe Digna e vimos un conto narrado que falaba dunha Tribu que era moi especial, queredes saber por que? Pois clicade na imaxe e escoitade moi atentamente.


Por problemas técnicos non poidemos velo na PDI como era a nosa intención inicial así que rematamos véndoo nun ordenador. Menos mal que éramos pouquiños senón ....

Mirade que atentos estabamos todos:


DIGAMOS TODOS NON Á VIOLENCIA!!!!

24 nov. 2011

NANA PARA UN SOLDADO

Hoxe fomos á Casa da Cultura de Narón a ver a obra NANA PARA UN SOLDADO. É unha comedia infantil da compañía GHAZAFELHOS protagonizada por PePablo Patinho,  Montse Piñón e Jorge Casas que relata o encontro de dous soldados inimigos no frente, que terán que deixar a un lado as súas diferencias para facerse cargo dun pequeno imprevisto: o nacemento dun neno. Tenta facer unha reflexión sobre o absurdo das guerras e que o necesario para entenderse é escoitarse e respetarse.
Nada máis chegar déronnos a cada neno unha entrada, no podiamos perdela senón non nos deixaban entrar. Cando nos sentamos nas butacas, de súpeto, apagouse a luz e pouquiño a pouco vimos a un par de marionetas de coelliños que se coñecían, se namoraban e tiñan un montón de fillos. E empezou a obra. Rímonos un montón. Era moi divertida. O único que non nos gustou moito foi o final. Era un pouquiño tristeiro. Non volo contamos para non desvelar o que acontece. Desde aquí queremos animarvos a todos os que vivides cerca que vaiades vela.

23 nov. 2011

UNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Hoxe no cole tivemos a visita de Asun e Vanesa que pertencen ao Instituto Galego de Consumo a darnos unha charla sobre alimentos saudables. Moitos dos nenos e nenas do cole ían en Porriño a unha competición de baloncesto polo que fomos poucos os que poidemos asistir a dita charla. Pasámolo moi ben. Fomos a Sala de Xuntas e alí tiñamos dúas mesas preparadas. Despois de sentarnos a cada un de nós repartíronnos un alimento. Había de todo: pan, patacas, peixe, polo, chocolate, xelado, galletas, leite, iogures,.... As monitoras preguntábannos o noso nome, o nome do alimento que tiñamos nas mans, se eran saudables, se non gustaba,... Cando nos preguntaron se nos gustaba o tomate uns cuantos levantamos a man pero ... cando nos preguntaron si nos gustaba o chocolate ou os xelados ... TODIÑ@S LEVANTAMOS A NOSA MAN! Despois ensináronnos unha pirámide de cores, e dixéronnos que eran a Pirámide dos alimentos, que había que comer moito do que había abaixo e pouco do que había arriba. Era unha pirámide moi especial porque se podía desmontar. Cando a tiñan desmontada xogamos a un xogo que consistía en botar en cada cor os alimentos correspondentes. Así na cor laranxa botamos os macarróns, o pan, as patacas,... era o máis grande de todos. Na cor verde ían as froitas e verduras por iso botamos o tomate, a pera, a mazá,..., despois viña o azul e alí ía o leite, os iogures, o queixo,... Xa só faltaba o vermello no que metimos o peixe, a carne, o polo,... e por último o amarelo onde colocamos os xelados, as salchichas, o chocolate, ... Era a puntiña da pirámide e Asun díxonos que podiamos comer pouquiño deses alimentos, que non podiamos abusar. QUE MÁGOA, XUSTAMENTE OS QUE MÁIS NOS GUSTABAN A TODOS! Aquí vos deixamos algunhas das fotos que quitamos. Lembra que se poden ver a pantalla completa e quitar o volume para que non se esc oite cando acabe a presentación de fotos.

E con tanto alimento, para traballar o seu vocabulario tanto na pizarra dixital como no rincón do ordenador vos deixamos esta secuencia didáctica:
E para ver se sabedes colocar ben cada alimento no seu lugar, clicade na imaxe:

22 nov. 2011

DECORACIÓN DE OUTONO


A piques de chegar o Nadal, por fin rematamos a decoración de Outono no noso corredor. Ademais das follas animadas que xa vos ensinamos, fixemos unha coroa de follas con distintas texturas de goma eva e a profe MIRIAM que veu a cubrir unha baixa , antes de irse nos obsequiou con este fermoso mural sobre o OUTONO.


Todo é merito dela e dos seus rapaces. A nosa humilde aportación só foi a curuxa que hai nunha das ramas.


Desde aquí queremos desexarlle que lle vaia moi ben no seu novo destino. UN BICO MIRIAM.
E para divertirnos un ratiño, aquí vos deixamos este divertido xogo co que xogamos na PDI. Ainda que está en inglés enténdese moi ben. Co rato temos que axudar ao esquio a coller as landras e despois a atopalas escondidas debaixo das follas. Que os divirtades.

19 nov. 2011

TRABALLANDO OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

Este é o mural que fixemos coa colaboración dos nosos compañeiros da clase da profe Digna e da clase da profe Carmen para commemorar o día dos dereitos dos nenos e das nenas que se celebra o próximo domingo.

Aquí vos deixo as fichas que fixemos. Pódense imprimir, descargar ou incrustar en calquera páxina web ou blog.





E para traballar máis a fondo o tema, fixemos un Glogster, con moitos dos recursos que atopamos en Internet. Espero que vos sexa útil igual que nos foi a nós. Si queredes velo a tamaño grande, tedes que clicar no cadradiño rosa onde pon Glogster poster yourself e despois en VIEW FULL SIZE.


No blog da nosa amiga Elizana, Sonrisas de mil colores, podemos atopar dous novos enlaces que están moi ben:

* Xoga con Muski e descubre os dereitos dos nenos e das nenas
* E se tes entre 6 e 11 anos, visita o Proxecto Sol, a web infantil de Intervida onde atoparás xogos, relatos, traballos manuais, noticias e moitos máis recursos para seguir aprendendo.

17 nov. 2011

COMEMOS CASTAÑAS


Por fin chegou o esperado día do MAGOSTO. As once e vintecinco en puntiño baixamos á Sala de Xuntas coa nosa BOLSA DE CASTAÑA, para poñerlles aos nosos compañeiros e compañeiras o noso VIDEO sobre MARÍA A CASTAÑEIRA. Estabamos un pouquiño nerviosos porque tiñamos medo que non lles gustara. Despois xogamos ás ADIVIÑAS que nos tiñan preparadas os nenos e as nenas da profe Digna e da profe Isabel Castro. PASÁMOLO MOI BEN!!!!
E xa para rematar, fomos ao comedor onde nos tiñan preparadas RIQUÍSIMAS CASTAÑAS asadas e cocidas acompañadas de batido de chocolate. UHMMMM, para chuparse os dedos!!! Comimos un montón de castañas.

16 nov. 2011

VIDEO: "MARÍA A CASTAÑEIRA"


Aquí vos deixamos o video que montamos sobre o  conto que traballamos na clase: "MARÍA A CASTAÑEIRA" e que lle imos poñer aos nosos compañeiros/as o próximo xoves. Custounos moito gravalo porque era a primeira vez que o facíamos así que non vos fixedes moito nos fallos. Esperamos que vos guste.



e se queredes ver como imos co proxecto : "OS NOSOS BOSQUES" clicade AQUÍ.

11 nov. 2011

HOXE TOCOU EXCURSIÓN

Hoxe fomos de excursión As Pontes de García Rodríguez. Visitamos o Lago Artificial así como a Escombreira terminada de restaurar no ano 2007 e convertida nun enorme bosque no que se plantaron 600.000 árbores e onde podemos atopar 180 especies distintas de vertebrados das cales 9 corresponden a anfibios, 6 a réptiles, 131 a aves e 34 a mamíferos. Se queredes ver as fotos da visita, visitade o blog: OS NOSOS BOSQUES.


Pero iso non é todo. Aproveitando que estabamos alí, visitamos o Múseo Etnográfico ubicado no Colexio Monte Caxado, que é unha auténtica marabilla:
Moitísimas grazas a todo o colexio Monte Caxado, e en especial á profe Loly do blog Mans Redondas que se fixo cargo de cinco rapaces que pola súa idade non podían andar polas dependencias da Mina.

8 nov. 2011

ALGUNHAS MANUALIDADES DE OUTONO

Hoxe por fin rematamos as nosas marionetas de castañas. Queredes ver como as fixemos? Mirade, mirade.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox

Tamén estivemos a facer follas de outono con mans e pés para alegrar o noso corredor. Así nos quedaron:


E se queredes pasar un rato divertido facendo caras con follas, aquí vos deixo este entretido xogo:


5 nov. 2011

SOMOS UN BLOG VERSÁTIL


Estes días recibimos un premio por partida triple. O premio otourgáronllo a Blanca do blog Actividades para Educación Infantil desde miles de kilómetros ¡nin más nin menos! e ela pensou en compartilo con nós, pero tamén pensaron en nós para compartilo Elizana do blog Sonrisas de mil colores e Miren do blog La clase de Miren. Moitísimas grazas as tres. Coma sempre para aceptalo hai que cumprir unha serie de condicións:

1º Dicir quen nolo dá: Xa está claro, Blanca, Elizana e Miren.

2º Dicir sete cousas sobre min: Gústame moito a miña profesión, o mundo dos blogs e todo o relacionado con Internet, viaxar, ler (últimamente menos xa que non me dá tempo para máis), as pelis de medo, facer libros LIM e por suposto estar coa miña familia.

3º Hai que enviarllo a 15 blogs amigos: Así que farei coma sempre, para que o premio poida chegar a máis blogs, deixarei a aqueles que xa sei que llo otourgaron (ainda que quero que saiban que para min tamén son merecedores do premio: Paqui de Infantil de Colores, Marta de Érase una vez... una casita encantada, Carmen de Aula de Infantil, Bea de Cousas de peques, Rosa de PequesPazos, Vivi de Mis proyectos, Vane de La clase Vanespecial, Gemi de El blog encantado, Sandra Luz de Mi sala amarilla, Berenice de Burbujitas, Juani de Juani maestra de infantil, Trinidad de Mariposas de Colores, Antoñita de Infantil Antoñita, Mis profes de Infantil Calvo Sotelo, Patri de Falando enténdese a xente, Dolores de Audición y Lenguaje... espero no dejarme ninguno), e estes son os quince cos que o comparto:


3 nov. 2011

PREPARANDO O MAGOSTO


En moitos coles xa se celebrou ou estase a piques de celebrar o MAGOSTO ou castañada como lle chaman noutros lugares. No noso cole todavía teremos que esperar un pouquiño, concretamente ata o día 17 de novembro, pero mentres nos estamos a preparar. Imos facer un cestiño con forma de castaña para gardar as nosas castañas asadas, xa fixemos unha marioneta de castaña que pon Magosto 2011, estamos a traballar as fichas do conto da castañeira e ademais a profe levou a súa gravadora ao cole e estamos a gravar o conto para poñerllo aos nosos compañeiros e compañeiras ese día.
E por último, preparamos este libro lim sobre outra versión do conto da Castañeira que atopamos en catalán en Edu365, nós coma sempre o pasamos ao galego e tamén ao castelán por si alguén o quere aproveitar. Non lle puxemos voz para que cada mestre ou mestra o poda contar ao seu xeito.