29 ene 2011

¡¡¡¡¡¡¡¡SAIMOS NO XORNAL!!!!!!!!!

Hoxe saímos no xornal "El diario de Ferrol" polo premio que gañamos coa tarxeta de nadal electrónica que fixemos o pasado decembro. Moitas grazas a todos e a todas e especialmente a Jessica, do blog "Bonitooh", pois sen os seus deseños non houbésemos gañado.
Por se alguén non se lembra de como era, aquí vola deixamos outra vez:

28 ene 2011

OS NOSOS DESEXOS DE PAZ

Aínda que o día da Paz non é ata o 30 de Xaneiro, como cadra en domingo, nós o adiantamos para hoxe pois os venres e os luns faltan os rapaces e rapazas que son de lonxe.
¿Que como o celebramos?
Pois ben, primeiro fomos á sala de xuntas onde vimos a presentación do día da Paz que grabamos coas nosas voces e o conto de "Marce o Carteiro" grabado polos alumnos e alumnas da profe Ana Sofía. Houbo recitado de poesías e a continuación fixemos unha cadea pola paz coa música de Amaral:"Rosa de la paz". Despois fomos á sala de día onde cada clase colocou o seu vagón no TREN POLA PAZ (o noso o podedes ver arriba de todo).

O NOSO TREN POLA PAZ on PhotoPeach
 E para rematar... UHMMMMMMM tivemos chocolatada con CHURROS INCLUÍDOS!!!!!!!!!!!!!!! QUE RICOS!!!!!
Aquí vos deixo o conto de "Marce, o carteiro". Espero que vos guste.

22 ene 2011

TODOS POLA PAZ


Baixo o lema "TODOS POLA PAZ" esta semana estivemos decorando o  corredor. Cos nosos compañeros da clase do lado e a súa profe Digna estivemos facendo murais para decorar a parede. Empezamos cunha gran pomba branca. Cada un de nós escribiu unha poesía relacionada pola paz arredor dela. Algúns copiamos poesías que xa estaban feitas e outros como Dani Méndez inventaron a súa propia. Despois nunha silueta escribimos unha palabra relacionada coa paz, as profes tamén por suposto, a coloreamos e lle puxemos a nosa cabeza, e os dez formamos A PIRÁMIDE POLA PAZ.

18 ene 2011

A NOSA PRESENTACIÓN DA PAZ

Esta é a presentación que fixemos para celebrar o día da PAZ o xoves da vindeira semana.  Só lle falta engadir as nosas voces. Deixámovola aquí por si alguén lle interesa e a quere utilizar cos seus alumnos e alumnas.


12 ene 2011

ENTRE TODOS CONSTRUIMOS A PAZ


Ao longo destas semanas traballaremos sobre o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Este día celébrase todos os 30 de Xaneiro, desde 1964,  por iniciativa de Llorenç Vidal, un educador, poeta e pacifista mallorquín, que creu necesario fixar un día no que os colexios promoveran a non violencia e a paz e así dende a educación fomentar a paz, a solidariedade, a tolerancia, a amizade, o diálogo e buscar o entendemento entre as distintas razas, relixións e culturas. Elixiuse esta data en honor a Mahatma Gandhi un político e pensador pacifista, que loitou desde a non violencia, pola liberación da India e que foi asasinado o 30 de Xaneiro de 1948.
Navegando pola rede atopei este fermoso conto "El castillo de arena" en Google Docs que creo moi axeitado para traballar a Paz. Non podo citar a fonte porque non a poñía en ningures. Para que cargase máis axiña o subín a Issuu tal cual estaba e este é o resultado:

Ademáis preparei este libro Lim con actividades para Infantil e Primaria sobre o que significa a Paz e algúns Premios Nobel da Paz, espero que vos sexa útil.


10 ene 2011

¡E POR FIN CHEGOU O ESPERADO PREMIO!


Despois das vacacións de Nadal, por fin nos chegou o premio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Abrimos con ilusión o noso paquete e ... vimos libros, un cómic, dous DVDs e dous CDs .
¿Queredes ver de cerca o noso premio? Pois vede, vede.